A renovación do barrio de Pedreiras ascende a case 285.000 euros

A falta de pequenos retoques que se rematarán neste mes, a obra está case finalizada e contou cun orzamento total de 284.752,16 euros.
15 de enero de 2026
1 minuto lectura
Pedreiras y Ramallo.

A renovación do barrio de Pedreiras de Abaixo avanza cara a súa finalización completa. A falta de pequenos retoques que se rematarán neste mes, a obra está case finalizada e pendente de recepción e contou cun orzamento total de 284.752,16 euros (IVE incluido), financiados ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra.

Así pudieron comprobalo a alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro Pablo Novas, que visitaron a obra xunto con veciñanza da zona e con Marconsa, a empresa encargada de executar os traballos, que presentaron moitas complicacións “que finalmente fumos capaces de solventar, tratando caso a caso as necesidades dos veciños e veciñas”.

Rodadura, ramplas e substitución das escaleiras

Os traballos incluíron o cambio da rodadura, así como diversas actuacións para mellorar a accesibilidade, entre as que destacan a adaptación das ramplas e a substitución das escaleiras existentes por outras máis practicables.

Ademais, instaláronse novas papeleiras co obxectivo de mellorar o equipamento urbano. A intervención tamén contemplou a corrección das rasantes, co fin de adaptar correctamente os accesos tanto aos garaxes das persoas residentes como ás propias vivendas, permitindo así a chegada dos servizos municipais en condicións adecuadas. Para facer posible esta mellora, foi necesario retranquear un poste de Fenosa que dificultaba o acceso.

Deja un comentario

Don't Miss