A Sección Ensino do festival «Cine do mar» exhibe 13 obras escolares e promove o audiovisual en galego

Este mércores celébrase unha das citas máis especiais do festival "Cine do mar": a Sección Ensino, na que se proxectarán 13 pezas audiovisuais realizadas por alumnado de Primaria e Secundaria das provincias de Pontevedra e A Coruña.
26 de junio de 2025
1 minuto lectura
Cartaz Marín regueifa o mar do CEIP Plurilingüe do Carballal (Marín)
Cartaz Marín regueifa o mar do CEIP Plurilingüe do Carballal (Marín)

A iniciativa, organizada pola Asociación Cultural Museo do Mar, busca impulsar a través desta sección do festival «Cine do mar«, a creatividade audiovisual en lingua galega entre a infancia e a mocidade, ao tempo que promove a reflexión sobre o mar e a súa cultura.

Durante a mañá deste martes, o festival inaugurou tres exposicións temáticas que contextualizan a programación: As mulleres na pesca: traballo invisible, pero esencial, Os oficios do mar e as obras finalistas do I Certame de Fotografía de Mar. Estas mostras ofrecen unha ollada plural e comprometida sobre a realidade mariñeira e o seu valor social e económico.

Na Sección Ensino competirán por levar o Premio Rodaballo de Ouro centros como o CEIPP da Torre-Cela (Bueu), co filme O Capitán Chocaleiro, o CEIPP do Carballal (Marín), con Marín regueifa o mar, ou o CEIPP O Sequeiro, tamén de Marín, con A fala dos Caghanacubeta. Tamén destacan as tres obras do IES As Barxas (Moaña): Bateas, as mulleres do mar, Marea e Non todo son peixes no mar, e as producións do IES Poeta Añón (Outes), con títulos como 65 toneladas, Cambio climático nas nosas rías ou O mar ten vida.

A xornada completarase cunha proxección especial do documental Entre Redes, de Vanesa Martínez, seguida dunha mesa redonda titulada Divulgando a pesca sostible, con participación da propia directora, xunto con María Maceiras, Merce Silva e Rogelio Santos Queiruga.

O festival subliña a importancia de formar futuras xeracións de creadores e creadoras audiovisuais, á vez que permite ao público gozar de obras cheas de sensibilidade, beleza e compromiso co medio mariño.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss