Ábrese a licitación para dotar ao Auditorio de Marín dun equipamento escénico avanzado

O Concello de Marín acaba de abrir o proceso de licitación para subministrar e instalar o equipamento técnico e escénico do novo Auditorio, cun orzamento de máis de 336.000 euros financiado a través dun convenio coa Consellería de Cultura. As empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 3 de setembro.
6 de agosto de 2025
1 minuto lectura
Auditorio de Marín. Acabado de las obras.
Auditorio de Marín dando los últimos retoques.

O obxectivo da licitación é dotar ao Auditorio dunha infraestrutura técnica que permita acoller espectáculos escénicos de calidade profesional desde a súa posta en funcionamento. O Auditorio, que según a alcaldesa, María Ramallo, están previstas para finais de agosto, busca con esta licitación que o espazo cumpra cos requisitos esixidos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a súa integración na Rede Galega de Auditorios, o que facilitaría a programación de eventos culturais de ámbito autonómico.

maría ramallo auditorio
A alcaldesa María Ramallo ante as obras do Centro Sociocultural de Marín

A actuación prevista contempla a adquisición e instalación de diversos elementos técnicos esenciais para o funcionamento do Auditorio, como sistemas profesionais de son, iluminación escénica, cámara negra, maquinaria para montaxes teatrais e outros elementos complementarios como telar, patas móbiles ou bambalinas. Todo o equipamento deberá ser instalado e posto en funcionamento pola empresa adxudicataria, que tamén deberá asumir os traballos de transporte, carga e descarga.

Estado das obras do Auditorio de Marín
Estado das obras do Auditorio de Marín

Un plan formativo para o persoal municipal do espazo

A licitación establece que a proposta presentada deberá incluír un proxecto integral “chave en man”, no que se contemple a entrega do material completamente operativo. Ademais, esíxese que o contrato inclúa un plan formativo dirixido ao persoal municipal encargado da xestión do espazo, co fin de garantir un correcto uso e mantemento dos equipos adquiridos. Este plan deberá abordar tanto a instalación como a configuración técnica dos dispositivos, así como o seu manexo durante os eventos.

obras puerto de marín equipamento
Obras do auditorio á espera de ser inaugurado

Tamén se valorará a inclusión de documentación técnica e asistencia inicial durante as primeiras actividades que se realicen no Auditorio, co obxectivo de asegurar unha posta en marcha eficaz.

O prazo de execución do contrato será de 12 semanas desde a súa adxudicación. Coa incorporación deste equipamento especializado, o Concello aspira a que o Auditorio sexa operativo no menor tempo posible e poida iniciar a súa actividade cunha programación á altura das novas instalacións. A intención é que Marín dispoña dunha infraestrutura moderna e funcional que responda ás demandas actuais do sector cultural e facilite a chegada de propostas escénicas de primeiro nivel.

auditorio marín
Entrada obras auditorio de marín
Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss