ADEAC premia coa declaración de Sendeiro Azul do Viario de Praias

Os obxectivos deste proxecto serán a mellora integral do itinerario peonil-ciclista, dotándoo de seguridade, conectándoo coa rede ciclable que se vén de facer no casco urbano de Marín.
3 de junio de 2025
1 minuto lectura
sendero azul marín

A promoción turística da vila ten un elemento diferenciador e único que se revalorizará aínda máis nos próximos anos: o Viario de Praias. E non só se potencia desde o Concello, senón que a ADEAC leva considerándoo desde hai varios anos como Sendeiro Azul.

A unión que consegue este itinerario peonil, cunha parte tamén de senda ciclista, de praias de Bandeira azul fixéronno merecedor deste galardón medio ambiental nos últimos anos. Ata alí desprazáronse a alcaldesa, María Ramallo, e as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña, para izar a bandeira que evidencia este distintivo.

Itinerario peonil

“Sabemos que o noso Vial de Praias é un activo non só turístico, senón tamén medio ambiental que debemos preservar, coidar e mellorar”, asegurou a rexedora. Precisamente, nesa liña está prevista a actuación de mellora da mobilidade no Vial, enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística de Marín, financiado a través dos fondos europeos Next Generation EU.

Os obxectivos deste proxecto serán a mellora integral do itinerario peonil-ciclista, dotándoo de seguridade, conectándoo coa rede ciclable que se vén de facer no casco urbano de Marín na Avenida de Ourense e mellorando, en xeral, todas as barreiras de accesibilidade que hai nos accesos ás praias ao longo do trazado do vial. A actuación completaríase coa colocación de aparcadoiros para as bicicletas.

Por outra banda, xa se levaron a cabo outros proxectos como a renovación da iluminación naqueles puntos nos que aínda non había sistema LED, a pesar de que gran parte do viario xa foi renovado neste sentido.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss