Dentro dos actos organizados polo Ateneo Santa Cecilia no seu 74.º aniversario, o vindeiro venres 27 de novembro, ás 20:00 h, o Auditorio de Marín acollerá a actuación do compositor e cantautor Amancio Prada, 50 anos despois da súa primeira visita á nosa localidade.
A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade do recinto, sendo preciso retirala previamente no local do Ateneo (Rúa do Forno n°42, baixo).
A recollida de entradas para as persoas socias do Ateneo farase do 5 ao 30 de outubro, de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 h.
No caso das persoas non socias, o prazo comezará o día 2 de novembro e manterase ata fin de existencias. Neste caso será necesario identificarse co NIF, entregándose un máximo dunha entrada por persoa.