Un incendio forestal declarado na tarde de onte no monte Penizas, na parroquia da Moreira (Marín), mantivo en alerta aos veciños da zona debido á súa proximidade ás vivendas. Segundo fontes locais, máis de doce casas se atoparon en perigo polo avance das lapas. Finalmente inda que non houbo que lamentar danos maiores, ás hectaras calcinadas ascenden a cinco.
As causas do lume parece que foro debidas. O incendio comezou ao redor do mediodía xa que as cámaras webs da zona ás 15.07 inda non recollían indicios de fume. Atendendo ás cámaras webs de MeteoGalicia o incendio podería ter comezado ao redor das 15.30h.

Con preto de 30°C, 40% de humedad e rachas de 50 km/h do NE o lume estendeuse rapidamente, favorecido polas altas temperaturas rexistradas ontee ese vento lixeiro pero constante, polo que houbo un alto risco de propagación.
O persoal de emerxencias do Morrazo foi mobilizado, sen que os bombeiros de Pontevedra, tiveran que ser convocados. Á zona chegaron dúas avionetas e un helicóptero, ademais de un grupo de brigadistas. A medida que o incendio avanzaba incorporouse un segundo helicóptero e un hidroavión.

A situación foi preocupante, xa que o lume avanzaba cara ás áreas habitadas. Os servizos de emerxencia traballaron para protexer as vivendas e evitar danos persoais. A veciñanza permaneceu expectante e, en moitos casos, preparada para unha evacuación inminente se fose necesaria. A media tarde o Concello de Marín comunicou que a Policía Local afirmaba que non había afectación a viviendas nin danos persoais, pero pesar disoa veciñanza da zona falaba de que polas árbores altas non vían o lume pero si como todo se encheu de fume ao tempo que escoitaban o lume.
Xa a última hora da tarde de onte dábase o lume por extinguido e fontes policía localfalaban de «incendio controlado». A pesar diso na noite quedaba personal de vixiancia refrescando a zona.
Aumento de incendios este verán en Marín
Durante os meses de xuño e xullo de 2025, Marín viviu varios episodios de incendio que preocuparon á comunidade. En xuño rexistráronse pequenos focos en contedores e facianas de vivendas, con detencións por posibles accións intencionadas. Xa en xullo, un incendio forestal na zona de Lourizán avanzou cara o monte Pituco, afectando entre 10 e 12 hectáreas e deixando sen servizo eléctrico a máis de 240 clientes, quen contou cun amplo dispositivo de emerxencia.

Ademais, esta mañá producíuse un incidente singular tamén relacionado co lume: un coche sufriu un incendio tras precipitarse nas proximidades do Lago Castiñeiras, ao monte superior de Cotorredondo —o vehículo despezouse e ardeu sen ocupantes no interior— provocando unha operación de sofoco pola Policía Local e posibles dilixencias por omisión de socorro.