Ardán volverá degustar torresmo este domingo

A VI Festa do Torresmo, organizada pola Asociación Landra Verde, encherá de gastronomía e de festa esta parroquia de Marín.
12 de enero de 2024
1 minuto lectura
festa do torresmo marín

Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín, xunto cos representantes da Asociación Landra Verde, presentaron a sexta edición da Festa do Torresmo, que se celebrará no lugar de Carballido a partir das 12.00 horas.

Torresmos, chourizos e pan de millo. Eses serán os manxares que se poderán degustar no lugar de Carballido, en Ardán, este domingo a partir das 12.00 horas.

A VI Festa do Torresmo, organizada pola Asociación Landra Verde, encherá de gastronomía e de festa esta parroquia de Marín, tal como presentaron esta mañá xunto cos concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín.

O pregón deste ano, que será ás 13.00 horas, será a cargo do enxeñeiro forestal Gaspar Bernánrdez, investigador e divulgador medioambiental da nosa vila, moi recoñecido polo seu traballo e autor dun libro sobre as plantas tradicionais e o seu uso medicinal na nosa vila.

Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, comezarán as actuacións co Grupo de Gaitas de Carballido, o Trío Rever e o DJ Rubén.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss