Arranca o cronograma de traballo para a redacción do Plan Especial de Protección

O plan urbanístico específico para a zona vella e o barrio de Cantodarea será elaborado ao longo dos próximos anos. O concelleiro Manuel Santos reuniuse coas técnicos municipais e os responsables da empresa adxudicataria para sentar as bases do mesmo.
2 de junio de 2025
1 minuto lectura
demolición mercado cantodarea
La estructura del Mercado de Cantodarea.

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, xunto coa arquitecta municipal e a responsable da oficina que xestiona os ARI de Marín, reuníronse o venres coa empresa adxudicataria da redacción do plan especial de protección do centro histórico e do barrio de Cantodarea, como primeira toma de contacto para establecer o cronograma de traballos a desenvolver durante os catro anos que durará o contrato.

Desde o Concello, marcáronse xunto coa empresa as liñas estratéxicas que se deben seguir para desenvolver este plan, que permitirá o desenvolvemento urbanístico destas zonas, atendendo á súa especial particularidade, sobre todo, con respecto á protección do patrimonio.

Unha das cuestións que se tratou é a participación cidadá que se levará a cabo cos veciños e veciñas das dúas zonas que inclúen o plan de protección, para poder contar coas súas opinións de cara ao futuro.

Borrador

Durante a reunión, tamén se trataron as inquedanzas que son trasladadas á
oficina ARI, para avaliar tamén cales son as necesidades tanto das persoas que están en procesos de rehabilitación de vivendas nestas zonas así como dos retos que enfrontan a nivel de tramitación, para mellorar a xestión burocrática.

«Trátase dunha primeira toma de contacto para coñecernos e poder establecer os pasos para seguir de aquí en diante, co obxectivo de que a participación pública empece rodar, e a partir de aí poder sacar conclusións para iniciar a redacción dun plan que consideramos estratéxico para Marín, e que marcará un antes e un despois na protección e o desenvolvemento das zonas patrimoniais que queremos potenciar, sendo conscientes da necesidade que tanto da veciñanza como de posibles futuros habitantes da vila de poder acceder a unha vivenda tamén a través da rehabilitación e da mellora urbanística dos barrios históricos de Marín», declarou o concelleiro.

Para iso, desde os servizos técnicos do Concello, facilitaráselles toda a información coa que se conta a nivel municipal destas dúas zonas, para poder trasladarlles todos os datos necesarios de cara ao comezo dos traballos de redacción do plan.

A empresa adiantou que cara finais do verán poderá presentar un primeiro
borrador que sente as bases do que será o traballo desenvolver ao longo dos anos de execución do contrato.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss