Arrincan en Marín as festas de San Xulián e na honra da Virxe dos Remedios

Unha concorrida procesión e unha oferta para todos os públicos marcan o inicio festivo do ano en San Xulián.
8 de enero de 2026
1 minuto lectura
Festa de San Xulián onte

Onte, 7 de xaneiro, San Xulián celebrou a súa misa principal cun templo ateigado e a presenza das autoridades locais. A procesión polas rúas, acompañada polo Grupo Carballido, mantivo viva unha tradición moi arraigada na parroquia e reuniu a veciños de todas as idades.

Mañá repetirase a cerimonia, desta volta en honra da Virxe dos Remedios, completando o apartado relixioso previo ás celebracións populares. A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro Pablo Novas asistiron aos actos e agradeceron o labor da Comisión de Festas, que leva meses preparando o programa.

festa remedios
Romaría San Xulián e á Virxe dos Remedios

Programación da fin de semana

Desde o sábado a música e a animación tomarán o centro da parroquia. A xornada abrirase co pasarrúas e a sesión vermú da Charanga OT, con pulpeiro e servizo de bar para ambientar o encontro veciñal. Pola tarde, o mago Dani García ofrecerá un espectáculo para público infantil e adulto xunto a DGelati. Pola noite chegará a primeira gran verbena, co dúo La Vissión e a orquestra Players, un dos pratos fortes do cartel, que promete longo baile e repertorio para todos os gustos. A festa prolongarase ata altas horas.

San Xulián gaiteiros
A procesión polas rúas, acompañada polo Grupo Carballido.

Verbena, familia e peche con fogos

O domingo manterá o ritmo con nova sesión vermú, pasarrúas da Charanga Noroeste e espectáculo familiar de Fran Rei e Superheroe. Á noite actuará Os Satélites e o peche chegará coa tirada de fogos.

Con estas festas arrancan as festas do ano 2026 que axudan a manter vivas as tradicións e o espírito comunitario, o mesmo co que comeza o ano en San Xulián. Invítase á veciñanza a gozar das actividades con responsabilidade, para que a celebración transcorra con normalidade e poida seguir sendo un referente no calendario festivo de Marín.

Programación da fin de semana

Sábado, 10 de xaneiro
● 10.00h. Pasarrúas e sesión vermú a cargo da Charanga OT (haberá pulpeiro
e servizo de bar)
● 19.00h. Espectáculo de maxia de Dani García con DGelati
● 22.00h. Gran Verbena co dúo La Vissión, seguidos da Orquestra Players
Domingo, 11 de xaneiro
● Sesión vermú con pulpeiro e servizo de bar
● 15.00h. Pasarrúas a cargo da Charanga Noroeste
● 18.00h. Espectáculo familiar con Fran Rei e Superheroe

● 21.00h. Gran Verbena amenizada pola Orquestra Os Satélites
● 23.00h. Gran tirada de fogos de lucerío

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss