As obras do Río Lameira acumulan atrasos e preocupación veciñal en Marín

1 de septiembre de 2025
2 minutos de lectura
El Río Lameira a su paso por el Puente Zapal.
El Río Lameira a su paso por el Ponte Zapal

O proxecto de mellora do saneamento no río Lameira, en Marín, continúa sen concluír malia terse iniciado no ano 2021 cun prazo estimado de doce meses tal e como ben de denunciar o grupo do BNG no Concello de Marín. Tres anos despois, os traballos seguen sen finalizar, con prórrogas sucesivas e numerosas incidencias que teñen xerado malestar na veciñanza.

O convenio inicial entre o Concello de Marín e Augas de Galicia foi modificado en dúas ocasións, en decembro de 2023 e en decembro de 2024, para axustar os prazos de execución. A última destas adendas establece como data de remate o 15 de marzo de 2025. Porén, fontes municipais recoñecen que as obras avanzan a un ritmo lento, debido tanto a cuestións técnicas como a dificultades administrativas, e non descartan novos axustes se persisten os problemas actuais.

O BNG Marín asegura que os traballos seguen practicamente estancados, converténdose nun foco de malestar e inseguridade para a veciñanza.

Denuncias por contaminación medioambiental

Na contorna do CEIPP Sequelo, algunhas parcelas continúan abertas e sen peches definitivos, unha situación que provocou queixas reiteradas por parte das familias e veciños da zona. Ademais, rexistráronse denuncias por posible contaminación ambiental, que están a ser analizadas polas autoridades competentes.

Outro punto que esperta preocupación é a construción dun muro en Coirados. Veciños da zona advertiron de que esta estrutura podería obstaculizar a circulación da auga en episodios de choivas intensas, co consecuente risco de inundación en parcelas próximas ao río. O asunto xa foi trasladado ás administracións responsables, que deberán valorar se son necesarias modificacións no deseño inicial para evitar efectos adversos.

Unha obra marcada pola incerteza

O proxecto do Lameira fora concibido como unha intervención clave para mellorar o sistema de saneamento e reducir verteduras ao río, co obxectivo de reforzar a protección ambiental e garantir unha mellor calidade de vida para a poboación. A pesar da súa relevancia, o balance ata o momento está marcado polas demoras e pola incerteza sobre a súa finalización en prazo.

obras marín río Lameira
As obras no Río Lameira, denuncian, están a producir dano medioambiental

Ponte Zapal

Ademais, as obras afectan ao Ponte Zapal , unha reforma que debería realizarse en tres meses, como anuncia o cartel.

Dende o ámbito político, os diferentes grupos municipais coinciden na necesidade de dar unha resposta máis áxil. A oposición reclama máis transparencia na xestión dos prazos e unha maior coordinación con Augas de Galicia. Pola súa banda, o goberno local defende que se está traballando para resolver as incidencias e que a prioridade é que a obra remate de forma segura e definitiva.

Mentres non se materialicen avances visibles, a veciñanza segue á espera dunha solución que devolva a normalidade ao contorno do río e reduza tanto as molestias actuais como os riscos futuros asociados ao proxecto e o o BNG considera imprescindible que o Concello de Marín tome cartas no asunto xa.

A conselleira do Partido Popular (PP) de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, recoñeceu publicamente os atrasos e comprometeuse a executar os peches das parcelas en canto mellorase a climatoloxía. “Pasaron cinco meses e nada mudou: os traballos seguen paralizados”, denunciou García Santomé.

En definitiva, o BNG considera imprescindible que o Concello de Marín e Augas de Galicia actúen con maior dilixencia e coordinación para garantir o remate desta obra. «A veciñanza leva demasiado tempo padecendo as consecuencias das demoras e merece unha solución inmediata que restitúa a normalidade e evite novos riscos para as parcelas da contorna do río Lameira», dixou Celia García do BNG Marín.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss