A alcaldesa, María Ramallo, destacou que estas axudas “buscan reforzar o traballo das entidades que, día a día, sosteñen unha rede de solidariedade esencial para a comunidade”.

En total, o Concello asignará 12.000 euros en subvencións nominativas. Sor Elvira e Amor en Acción recibirán 3.000 euros cada unha, Cáritas Santomé contará cunha achega de 1.000 euros e o Comedor Social disporá de 5.000. En moitos casos, estas cantidades -segundo explicou Ramallo- “permiten garantir a continuidade dos programas que desenvolven ao longo do ano”.

Campaña de Nadal
Tras a sinatura, as ONGs reuníronse coa concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, para planificar a campaña de Nadal. Nesta ocasión, o Concello repartirá outros 8.000 euros entre as entidades, destinados a apoiar ás familias nos gastos de alimentación e na compra de agasallos nestas datas.

Novas iniciativas
As asociacións, que tamén contan coa súa subvención, valoraron de xeito moi positivo a recente recollida de alimentos celebrada durante a fin de semana, que contou cunha ampla participación veciñal. Ademais, confirmaron que se volverá organizar a tradicional Semana da Solidariedade nos centros educativos durante o Nadal, unha iniciativa que busca sensibilizar ao alumnado e recoller produtos para quen máis o precisa.
O Concello e as ONGs coincidiron en salientar a importancia da colaboración mutua para continuar fortalecendo o tecido social e garantir que ningunha familia quede atrás.
