As propostas da oposición rexeitadas pola maioría do PP

No último pleno do Concello de Marín, as iniciativas do BNG e do PSOE sobre o Lago de Castiñeiras e o aparcamento no porto quedaron bloqueadas pola maioría absoluta do PP, nunha sesión marcada polo enfrontamento de posturas e o debate sobre prioridades veciñais.
16 de marzo de 2026
2 minutos de lectura
Pleno del Concello de Marín.

Na última sesión plenaria do Concello de Marín, os grupos da oposición presentaron dúas iniciativas centradas en preocupacións veciñais, pero ambas foron rexeitadas grazas á maioría absoluta do PP.

Unha delas, impulsada polo BNG, buscaba un plan integral para a conservación do Lago de Castiñeiras. A outra, promovida polo PSOE, propoñía que o Porto de Marín elaborase un estudo sobre aparcamentos na zona do porto.

Lucía Santos, voceira do BNG Marín.

Debate agre por Castiñeiras

Durante a quenda de exposición da moción sobre o Lago de Castiñeiras, a portavoz do BNG, Lucía Santos, defendeu a necesidade de coordinar esforzos entre institucións e colectivos para impulsar un proxecto global de desenvolvemento sostible neste pulmón verde que comparten Marín e Vilaboa.

A concelleira de Medio Ambiente do PP, Marian Sanmartín, rebateu a proposta cuestionando a súa oportunidade: “Chegan tarde con esta iniciativa cando xa levan anos traballando na rehabilitación da zona, máis aló das competencias municipais”.

O grupo socialista, representado por Manuel Pazos, coincidiu na importancia de avanzar na conservación do lago, pero considerou que “solicitar á Xunta que lidere este proxecto non é procedente, dado o seu historial de desinterese nesta zona”. Por iso, o PSOE optou pola abstención.

Santos replicó con vehemencia, subliñando que o lago é moito máis que un espazo de asadores, criticando o que percibiu como un desdén cara a propostas futuras: “É incomprensible non contar cun acordo que permita avaliar de maneira conxunta o futuro desta zona tan querida pola cidadanía e defender un proxecto integral de conservación».

Pleno Extraordinario Urbaser, 24-10-2025
Manuel Pazos, voceiro do PSdG-PSOE. Foto: JLG Portela

Movilidad e aparcamento

Pola súa banda, Manuel Pazos presentou a proposta do PSOE para solicitar a Autoridade Portuaria de Marín un plan de estacionamento que liberase prazas na Avenida de Ourense e mellorase os desprazamentos de traballadores.

Segundo o portavoz socialista, “trátase de elaborar un estudo serio sobre a capacidade de estacionamento e as alternativas posibles, incorporando as novas normativas sobre sustentabilidade e mobilidade empresarial”.

Concelleiro de Seguridade e Movilidade, Francisco José Salazar.

O PP rexeitou a iniciativa, defendendo que, desde a súa experiencia, a proposta non supoñería unha mellora significativa. Segundo o concelleiro de Seguridade e Movibilidad, Francisco José Salazar, «o Porto xa implementou ferramentas dixitais de xestión de estacionamento e considera que as prazas existentes son suficientes.»

Davinia Lojo foi a encargada de defender a abstención do BNG.

Pola sua banda, o BNG optou por absterse. A concelleiro,Davinia Lojo, explicou que o seu grupo apoia calquera medida que contribúa a mellorar esta problemática, pero considerou que “un informe puntual non ofrecería unha visión completa da situación, ademais de que a actual lexislación sobre mobilidade empresarial aínda carece dunha regulamentación clarificadora para a súa aplicación en empresas concretas”.

Paloma Castro, deputada por Pontevedra no Parlamento de Galicia.

Ao Parlamento Galego

Por outra banda, durante esta fin de semana o PSdeG de Marín fixo pública a súa intención de seguir loitando polo compromiso para a construción dunha nova residencia para maiores por parte da Xunta de Galicia.

Hai que lembrar que no mes de febreiro, a maioría absoluta do PP na corporación tombou esta proposta e mantivo un importante enfrontamento entre ambas as formacións.

Agora é a deputada no Parlamento de Galicia, Paloma Castro, que xunto ao portavoz local socialista, Manuel Pazos, anunciaron que «van rexistrar en sede parlamentaria unha iniciativa para que se amplíe ese proxecto de interese autonómico e que se poida construír nestes terreos de Raposeiras unha nova residencia para maiores porque é unha demanda da cidadanía de Marín».

Tal como conclúe Pazos, «o que Ramallo non quixo aprobar no concello de Marín, levarémolo directamente ao parlamento galego coa axuda do noso grupo parlamentario».

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss