Ausencia de profesionais médicos polas tardes en Marín durante as festas do Carme

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa máis de 20 colectivos veciñais, vén de denunciar unha situación de grave insuficiencia asistencial no Centro de Saúde de Marín. Este feito resulta especialmente preocupante nestas datas dado que a pobo está en plenas festas do Carme.
16 de julio de 2025
1 minuto lectura
Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde e de Marín.

Segundo informa a Plataforma de Seixo e Marín, veciños e veciñas alertaron de que actualmente non hai ningún facultativo na quenda ordinaria de tarde, o que cualifican de “absolutamente inaceptable” dada a elevada afluencia de persoas ao concello nesta época.

A Plataforma sinala que o centro conta habitualmente con médicos tanto de mañá como de tarde. Na quenda de tarde debera haber tres facultativos para atender a unhas 4.000 persoas.

Porén, indican que unha das prazas quedou vacante por traslado e non foi substituída; outra está sen cubrir por vacacións, que se xestionaban cunha prolongación de xornada, e a terceira está de baixa sen substitución, “como vén sendo habitual na área sanitaria e como xa denunciamos noutras ocasións”.

Deste xeito, aseguran que os pacientes que precisan atención só poden optar por pedir cita para outro día ou, en caso de urxencia, acudir ao Punto de Atención Continuada (PAC), “a ver se son atendidos”.

O PAC 2 facultativos e unha enfermeira

A situación complícase, segundo afirman, porque o PAC só conta con dous facultativos e unha enfermeira para atender tanto as urxencias que chegan ao centro como as que se producen a domicilio ou fóra das instalacións, nunha xornada especialmente intensa ao ser véspera do día grande do Carme.

Iria Aboi Ferradás, Plataforma de Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín, criticou con dureza á Xunta e ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, por asegurar no Parlamento que o plan de verán funcionaba e que había máis recursos e persoal que nunca. “Sen persoal non hai asistencia sanitaria de calidade. Polo tanto, un plan estival que non contrata persoal non é máis que propaganda”, manifestou.

Iría de Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín diante da sede da Xunta. Foto: JLPortela Sinaturas privatización aparcadoiro Montecelo
Iria Aboi Ferradás, voceira da Plataforma de Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín. Foto: JLPortela

Reprochan a pouca preocupación do Concello

Tamén cuestionaron a ausencia da alcaldesa María Ramallo e do seu equipo nesta problemática. “No centro de saúde non hai fotos, boato nin festa, normal que non estean… pero ben podían poñerse do lado da veciñanza dunha vez e reclamar que se cubran os médicos que corresponden a unha poboación de 24.000 habitantes”, sinalan.

Desde a Plataforma conclúen que “é incomprensible a insensibilidade dos nosos responsables políticos” e lembran que “nin os posados de verán, nin as fotos, nin os sorrisos melloran a saúde de quen está mal e precisa atención”. Reclaman medidas urxentes e contratacións inmediatas para garantir unha atención sanitaria digna durante o verán.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss