As irmás Graña Solla decidiron hai seis anos aceptar o reto que supoñía coller o relevo da tenda “Labores y Patchwork” que xa existía na vila. Ambas, cunha traxectoria relacionada co mundo dos fíos e as lás, déronse conta de que podían encaixar perfectamente nese mercado. Dende que aceptaron este reto profesional, xa teñen pasado moitas cousas tanto na tenda, como no entorno personal e social que se artelleou ao redor desta.
Traballo ben repartido
No local decidiron dividir o traballo. María, costureira, adícase máis ao tema do patchwork, esa técnica ancestral que usaban os colonos ingleses exiliados en Norteamérica para facer colchas con refugallos naturais primeiro e textis despois. Pola súa banda, Mela, manexa o entorno adicado ás lás, crochet, gancho, calceta… De xeito que ambas se poden adicar ás cousas que máis as satisfacen e das que teñen meirande dominio. Porque se hai algo que sabe a clientela de “Labores y Patchwork” e que o local é algo máis que unha tenda, pois nel sempre se sinten arroupadas para preguntar e dar resposta a todas as dúbidas sobre os proxectos que estén argallando. Como se pode comprobar a nada que se pasen uns minutos no local, as irmáns Graña Solla son unha fonte inagotable de coñecementos e ambas se complementan á perfección.

A pandemia: un reto
Cando chegou a pandemia do COVID, houbo que cancelar os cursos presenciais de costura, patchwork, calceta, amigurimi, etc. así que Mela, ao non poder abrir a tenda, empezou a facer encontros dixitais con algunhas das clientas que así o demandaban, converténdose como ela mesma di, na súa “familia teceril”. “O grupo estaba formado por mulleres de diferentes idades, xeitos de ser, zonas, etc. pero iso non impedía que teceramos xuntas, merendaramos e botaramos unhas risas e unhas parolas, porque diso se trataba, de afrontar aquela situación o mellor que podiamos”, conta Mela.


Laneras Cascabeleras
Estas quedadas dixitais serían a semente do que agora é a Asociación de punto que coordina Mela: “Asociación de Tejedoras Laneras Cascabeleras”.

Despois de que a pandemia chegara ao seu fin, Mela decidiu manter en pé aquela complicidade nacida nas redes. Materializouno na actualidade cun grupo de mulleres que teñen como nexo de unión o feito de teceren xuntas. Tanto é así, que entorno á asociación cada ano se organizan múltiples actividades: excursións, visitas, quedadas, etc. relacionadas todas elas co ámbito de tecer. Mela fala con entusiasmo do que se convertiu para ela e a súa familia nun xeito de vida: “Encántame saber que esta profesión está relacionada coa miña paixón, que me ilusiona e ilusiona ás personas coas que a comparto”. Porque Mela, tras a súa experiencia co mundo dixital, animouse ademais a crear unha canle dixital de vídeos –homónimo da tenda- onde fala dos deseños dos seus libros, do local familiar, dos proxectos colectivos e de todo canto poida ter que ver co tecer: Labores y Patchwork Marín.


Mela amosa na súa conta de Instagram, Labores y Patchwork Marín, moitos do seus deseños e creacións
Fóra da rede
Mela non para, tampouco o fai no ámbito social. Fálanos con agarimo dunha actividade na que tanto ela como a súa clientela se volca cada ano que é o Día de tecer na rúa. E cousas da vida, coincide coa data do seu aniversario, o 12 de xuño. “Nacida para tecer” comenta riseira, Mela. “O día que saímos a tecer á rúa en xuño, non deixamos nada á improvisación. O que acontece nese momento é froito do traballo de todo o ano. Hai desfiles sobre a alfombra vermella, postos de artesáns e artesás, concertos, obradoiros e por suposto moita xente tecendo en público.” Este ano o “Tece Marín” -así se denomina o encontro- terá lugar o o 21 de xuño. A base será un proxecto adicado á inclusión, con labores individualizadas e multicor para apoiar as causas do colectivo LGTBIQ+. O alumnado das clases desfilará polo medio da alameda marinense coas súas creacións.


Cartaz do encontro Tece Marín, 2024 / Mela cun proxecto multicor, condición dos proxectos da edición 2025
A súa é ardua labor, na que afirma sentirse pouco acompañada polas administración públicas, en especial polo Concello de Marín que so colabora con elementos anecdóticos, incluso neste día tan importante para a xente. “O Concello non se da conta da importancia que teñen estas actividades para a cidadanía que además de permitir sociabilizar, traballa a saúde física e tamén a mental”, comenta Graña Solla. Por iso insiste na “necesidade da creación por parte do noso concello de campañas, promocións, así como de dar facilidades e visibilidade aos locais da vila, que queren que se fagan actividades como obradoiros gratuítos, mercados, feiras, días de comercio na rúa, etc. onde os usuarios e usuarias non teñan que pagar todo, senón que se conte cunha financiación, porque ese debería ser o xeito de axudar ao comercio da súa vila.”

A tenda Labores e Patchwork nunha participa nalgunhas das actividades que acontecen na alameda de Marín
Moda ou terapia?
Hai anos que o patchwork tivo o seu momento de esplendor ata ir quedando atrás. É certo que na actualidade volta vivir un repunte gracias ao uso da técnicas do centón (quilt) para elaborar prendas de roupa ou incluso reciclar colchas antiguas para facelas. Por iso “Labores y Patchwork” segue a invertir e vender os materiais da técnica. O que supón unha alta inversión pois como di Mela: “Almacenamos unha cantidad de material infinito, dado que ainda que en miniatura, todo é moi custoso e hai que ter de todo un pouco” o que fai que este tipo de negocios, en xeral, implique un gasto que tarda en ter saída”.


O local de Labores e Patchwork está cheo de todo tipo de material de labores varias
Mela ten claro que este xeito de “ocio” non resulta tampouco barato para a clientela, pero recoñece que “algunha xente ven a nós seguindo o de moda que está o tecer, pero moita outra faino porque como moitas de nós sabemos, isto é realmente unha terapia absolutamente eficaz nestes tempos de estrés e prisas que vivimos”. E iso, está claro, que non hai cartos que o paguen.
(Fotos da reportaxe cedidas por @laboresypatchwork)