Baixas sen cubrir de tres facultativos de quedan de tarde en Marín

A Plataforma sanitaria de Seixo-Marín denuncia “a incompetencia da Consellería” ante as baixas sen cubrir de tres facultativos de quenda de tarde en Marín con acumulación de esperas que poden chegar a un mes.
6 de julio de 2026
2 minutos de lectura
Centro de Saúde de Marín.
Centro de Saúde de Marín.

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, informa que “polas tardes tamén enfermamos” e denuncia a “incompetencia da Consellaría ante as baixas sen cubrir de tres facultativos de quenda de tarde en Marín, o que se suma á problemática de que o Centro de Saúde de Seixo siga funcionando cunha soa médica para 2.400 persoas pola baixa da outra facultativa sen cubrir por parte do Sergas dende o 1 de xuño».

A plataforma sinala que no Centro de Saúde de Marín pasan consulta 14 médicos, once de mañá, e tres na quenda ordinaria de tarde. María del Mar Novo Carballal, Ángel Martínez Regueiro e Rafael Castro Gerpe pasan consulta os martes, mércores e xoves pola tarde e están sen subsituír acumulando longas esperas nos seus cupos que no caso de Castro Gerpe vai ata o tres de agosto, o que é un mes de espera».

Centro de Saúde Seixo (Marín). FOTO: JLG PORTELA.

Iria Aboi Ferradás, portavoz da Plataforma, denuncia que “o tres de xullo ía acudir pola tarde unha persoa con prolongación de xornada, pero non acudiu ninguén, e dende o Centro tiveron que chamar a todos os pacientes para descitalos e que non foran ao Centro de Saúde para nada. Están todas as citas do que levamos de xullo sen recolocar. E aínda presumen na Xunta de bos xestores cun conselleiro que insulta os pacientes cando di que a espera média é de 6 días e que é razoable».

PAC Marín

O colectivo denuncia que “o Sergas deixa por sistema as baixas, permisos, vacacións e xubilacións sen cubrir sen importarlle as consecuencias para o persoal e os pacientes, algo que levamos anos denunciando a consecuencia dos recortes da Xunta. Ao non haber ningún médico de tarde os martes, mércores e xoves, acábanse por derivar eses pacientes ás urxencias do PAC de Marín que están no mesmo edificio a ver se son antendidos, aumentando a saturación do servizo e do persoal que o atende».

urgencias marín ambulancia

Ademais a plataforma indica que “os luns e venres pola tarde están as doctores Carmen Santos Novas, a Dolores Rivas Vidal e o Miguel Ángel Aboal Beato pero aos tres déronlles vacacións na segunda quincena de xullo».

Iria Aboi Ferradás, portavoz da Plataforma, pregunta “Que vai pasar coa quenda de tarde? Porque isto supón na práctica a eliminación das consultas ordinarias nun momento no que ademais hai moita afluencia de visitantes e turistas. Parece que o xerente prefire aproveitar as circunstancias que se dan para tentar que non se note a súa falta de previsión e planificación nos meses de verán».

Polo tanto, a Plataforma demanda da Xerencia que «faga o seu traballo para que a veciñanza non teñamos que sufrir esta incompetencia”. Dende a Plataforma apuntan que “Seixo continúa funcionando cunha soa médica para 2400 persoas pola baixa da outra facultativa sen cubrir por parte do Sergas dende o 1 de xuño. Aínda que a médica en activo ademais dos seus pacientes ordinarios, atende urxencias e tenta consultar algúns pacientes do outro cupo, acumúlase unha lista de agarda moi grande que ningún profesional debería asumir».

Aboi insiste “o verán non fixo máis ca comezar, aínda están por vir os días grandes das festas, e os anuncio»s e propaganda non tapan a mala xestión e os problemas de atención que sufrimos día a día. Polo que xa anunciamos que a nosa plataforma está a preparar novas accións de protesta, porque non imos calar ante o deterioro da sanidade de todas e todos».

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss