Bando municipal para a limpeza e o ornato dos cemiterios

A visita aos cemiterios municipais poderá realizarse nun horario ampliado ao habitual os días 31 de outubro e o 1 de novembro. Será de 08.00 a 20.00 horas.
18 de octubre de 2023
1 minuto lectura
cementerio marín

O Concello de Marín vén de publicar o bando municipal que rexe a boa presenza e ornato dos cemiterios e camposantos municipais, que aínda que ten que aplicarse sempre, é especialmente desexable nunha época tan sinalada como a celebración do Día de Defuntos, que trae a moitos visitantes a estes lugares.

Por iso, desde o Concello piden ás persoas propietarias dos panteóns que procedan á limpeza dos terreos, sepulturas e nichos e ao pintado dos panteóns que non se atopen nas debidas condicións estéticas e de armonización co resto dos panteóns do entorno, sempre poñendo en coñecemento das actuacións a levar a cabo ao persoal encargado do cemiterio.

Ademais, co obxecto de fomentar a limpeza e decoro dos cemiterios municipais, sinalar que os labores de mera limpeza non requiren de ningún título habilitante municipal, esixido pola normativa urbanística, e que son os seguintes supostos segundo a normativa de protección do patrimonio:


● A limpeza e retirada de po ou lixo depositado e non fortemente adherido, sempre que non requira de medios auxiliares que poidan comprometer a integridade do seu soporte.
● A limpeza con técnicas non agresivas e sen afectar ao material de soporte existente.

En calquer caso, prohíbense os chorreos de area sobre as fábricas de pedra vista. No caso dos chorreos de auga a presión precisarase de autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ampliación do horario de apertura

A visita aos cemiterios municipais poderá realizarse nun horario ampliado ao habitual os días 31 de outubro e o 1 de novembro. Será de 08.00 a 20.00 horas. Dentro da instalación, a veciñanza e as persoas usuarias da mesma deberán manter en todo momento o respecto axeitado aos demais usuarios/as e visitantes.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss