Despois de moito tempo, as obras de demolición do antigo Mercado de Cantodarea arrancaron o luns, a cargo de EC Casas por nun importe de 138.230 euros. Desta forma, podrase recuperar esta parcela para uso publico e terminar cun exemplo do feismo e o paso do tempo no barrio de Cantodarea.

O obxectivo é que os traballos estean rematados a medidados do mes de abril. A execución do proxecto dilatouse no tempo debido aos traballos de retirada dunha liña de media tensión que lle levou meses a Fenosa e, despois, pola difi cultade de xestionar a fi nanciación, que fi namente se fai a través da dotación dun crédito extraordinario.

Atraso das obras
Unha vez remate esta obra, ganarase toda unha parcela para o uso da cidadanía. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, realizou unha visita de obra acompañado do director de obra e o representante da empresa concesionaria. Os traballos céntranse nestes momentos no excavado do espazo para seguir coa demolición do edificio.

Demandas veciñais
Esta acción municipal é un primeiro paso ás demandas veciñais que a barriada leva solicitando ao concello. Xa o fixeron o pasado mes de setembro nunha reunión mantida coa concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Mariam Sanmartín.


Naquela ocasión a Asociación veciñal A Fonte reclamou unha maior seguridade policial, a mellor organización do tráfico e un embelecemento da barriada así como maior iluminación.
Ademais, fixeron fincapé na necesidade de habilitar as casas ou vivenda que presentan situacións de abandono ou derrubamento para impoñer sancións no caso de que sexa necesario, e solicitar rozas en lugares onde crece a maleza.
