Comeza o proceso de expropiacións da estrada do Pazo, en Ardán

Abre o prazo dun mes para que as persoas afectadas presenten alegacións
22 de julio de 2025
1 minuto lectura
Mapa dos terreos que serán expropiados en O Pazo, en Ardán
Plano parcelario e terreos que serán expropiados en O Pazo, Ardán. Concello de Marín

O Concello de Marín iniciou este luns o procedemento de expropiación dos terreos necesarios para construír unha senda peonil na estrada do Pazo, na parroquia de Ardán. O anuncio, publicado no DOG 138, do 21 de xullo de 2025, abre un prazo dun mes para que as persoas afectadas poidan presentar alegacións sobre as súas propiedades.

A construción da nova senda peonil forma parte da estratexia municipal para mellorar a accesibilidade e a seguridade dos peóns nunha estrada que non dispón de beirarrúas. Para isto, esta previsto crear unha vía para os peóns separada da calzada e ampliar os carrís, ademais dunha intervención específica na contorna do cemiterio de Ardán.

Durante as últimas semanas, estivo a realizar as notificacións individuais ás persoas propietarias dos terreos. Deste xeito, informouse tanto dos metros afectados como das valoracións económicas dos mesmos.

Agora, coa públicación do anuncio no DOG, dáse por notificadas de maneira oficial a aquelas persoas que non foron localizadas ou teñen domicilio descoñecido.

Alegacións

Segundo indica o anuncio, as persoas propietarias dos terreos afectados disporán dun mes para formular «as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos». Os interesados poden consultar o proxecto, con información específica sobre cada terreo nesta ligazón.

Plano parcelario e terreos que serán expropiados en O Pazo, Ardán. Concello de Marín
Plano parcelario e terreos que serán expropiados en O Pazo, Ardán (2). Concello de Marín

A fase de licitación do proxecto, cun orzamento de 856.000 euros, comezará tras o remate a fase de alegacións, que finalizará o 21 de agosto.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss