Convocada sesión plenaria o vindeiro xoves ás 17 horas

O Concello de Marín celebra este xoves o pleno ordinario do mes cunha orde do día marcada pola aprobación dunha declaración institucional polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, así como a tramitación de novos proxectos de mellora urbana e servizos públicos.
12 de noviembre de 2025
1 minuto lectura
Pleno Extraordinario Urbaser 24-10-2025
Alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Tras a validación das actas das sesións anteriores, o Concello prevé aprobar unha declaración consensuada no seo da Mesa contra a Violencia de Xénero e do Consello Municipal da Muller. Unha iniciativa institucional de fronte ao próximo 25 N para reforzar o compromiso institucional coas políticas de igualdade e prevención das violencias machistas.

A declaración institucional responderá os puntos tratados desde o Consello Municipal dá Muller que xa no pasado mes de outubro sinalaba a situación actual desta secuela social.

Estes puntos abordaban problemáticas tan actuais como a violencia dixital e o ciberacoso, cada vez máis presente nas vidas sobre todo da mocidade.

Servizos públicos

Entre os asuntos urbanísticos, destaca o paso definitivo para o convenio expropiatorio necesario para executar a senda peonil na estrada de O Pazo, en Ardán. Esta é unha intervención orientada a mellorar a seguridade viaria e a mobilidade peonil nunha zona con elevado tránsito.

Ademáis, someterase a aprobación a proposta da concelleira delegada da área Medio Ambiente en relación a adxudicación do novo contrato de recollida de residuos urbanos. Un dos servizos básicos de maior impacto cidadán e custo municipal que xa foi adxudicado en sesion plenaria o mes pasado.

Pleno Extraordinario Urbaser, 24-10-2025
O grupo municipal socialista defenderá dúas iniciativas de xestión. Foto: JLG Portela

Propostas do PSdeG

Desde a oposición, nesta ocasión o grupo socialista presenta dúas mocións relacionadas con unha mellor limpeza de Marín e solucións á sitación que se vive preto do colexio público Sequelo.

A primeira refírese á adquisición dunha máquina decapadora destinada a mellorar a limpeza viaria, especialmente en rúas con pavimento desgastado. A segunda é a solicitude para iniciar as xestións para o soterramento da liña eléctrica de media tensión entre o colexio do Sequelo e o transformador de Ponte Zapal. Unha necesidade para a integración paisaxística e a seguridade.

Adianto do horario

Nesta ocasión, a sesión ordinaria correspondente ao mes de novembro, comezará ás 17 horas. O motivo é a coincidencia coa entrega dos premios de Boas Prácticas en Igualdade da Deputación de Pontevedra. Nesta edición o Centro de Información as Mulleres (CIM) de Marín vai recibir o premio honorífico pola súa función social na sensibilización na prevención da violencia contra as mulleres.

Como todos os meses, Diario de Marín ofrecerá a ligazón para seguir a sesión en streaming a través do sinal público da administración local.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss