Pandereteiras, cantareiras, bailadoras e postos de artesanía tradicional encheron o Día das Letras Galegas a Praza da Veighiña de Marín. O II Festival das Letras estivo organizada pola Asociación Cultural Almuinha e polo colectivo «Mocidade polo Cambio».
O festival misturou a música tradicional galega, a poesía contemporánea, os ritmos urbanos e o rock baixo o lema «Porque cando o común se canta, faise invencible!».






Fotos: JLPortela
Música tradicional
Nunha praza chea de marinenses, as Pandereteiras da Veiguiña ofreceron un repertorio tradicional de ritmos e cantares populares, acompañadas de instrumentos galegos de percusión. Participaron tamén na parte musical os Morenos Peludos mesturando a música tradicional galega con sons contemporáneos así como Raquel González, que pola súa, banda ofreceu un concerto de pandeiro e voz. Pechou o espazo musical coas súas guitarras, o grupo galego Os Estroinas.





Festa e baile cos Estroinas, Raquel González, Morenos Peludos e as Pandereteiras da Veiguiña. Fotos: JLPortela
Poesía na praza
A poesía tamén tivo o seu momento na Festa das Letras. A diversdade de estilos e tamén xeracional representáronna os recitados de Laura Piedras, coa súa poesía urbana e feminista, seguida por Fita Sanjorge, Richard Pazos, Mercedes Sancho, Benito Piñeiro e Davinia Lojo, Aarón Franco, Elena Lameiro, Nila Álvarez Pousa e Elvira Martínez, en nome do finado activista Víctor Castro.











Poetas recitando na praza polo Día das Letras Galegas. Fotos: JLPortela
Xogos e proxeccións
Os xogos, da man de Ozoco.gz, deron paso na tardiña á proxección de vídeos sobre música tradicional, centrados na figura das mulleres como transmisoras da cultura musical oral. Pezas breves visibilizaron o traballo de recollida, recuperación e reinterpretación que fixeron as dintintas asociacións a título persoal.

Ozoco xoga a xogo de mesa Vacaloura coa xente que asistiu ao Festival na Praza da Veiguiña de Marín. Fotos: JLPortela




A pintora Laura López e as Pandereteiras da Veiguiña. Fotos: JLPortela
No II Festival das Letras non faltaron os postos de artesanía tradicional, libros (Nobel ) e a pintura en directo (Laura López). No acto, onde houbo comida e bebida a disposición dos asistentes, relizouse tamén unha rifa de productos tradicionais galegos.





Postos de artesanía, libros, camisetas… na Praza da Veiguiña no II Festival das Letras Galegas. Fotos: JLPortela
Ver todas as fotos de José Luis Portela aquí
