Iniciáronse os traballos de reparación da rampa de acceso á Praia de Portocelo

O Concello de Marín anunciou que comezaron os traballos de reparación da rampa de acceso á Praia de Portocelo, unha infraestrutura esencial para garantir a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida. A pasarela, que se atopa actualmente clausurada por decisión técnica, presenta importantes deficiencias estruturais que motivaron a súa inhabilitación temporal a finais do pasado mes de xuño.
16 de julio de 2025
1 minuto lectura
Comezan as obras na pasarela de acceso á Praia de Portocelo, obreiros baixo a rampa
Comezan as obras na pasarela de acceso á Praia de Portocelo. Foto: Concello

A empresa “Viñas Blancas” é a encargada de acometer as obras necesarias para corrixir os danos detectados na rampa de acceso a Portocelo e garantir a seguridade da estrutura. Os traballos estarán supervisados por un arquitecto, e contarán coa presenza dun enxeñeiro municipal e dun representante da empresa executora. Segundo informou o Concello tras a reunión técnica, o prazo estimado para completar a reparación é de dez días, polo que se agarda que a rampa volva estar operativa en breve.

Desde o consistorio explicaban que se trata dunha actuación prioritaria, xa que a rampa de madeira presentaba un importante desnivel e outras patoloxías graves. A inspección técnica realizada tras a detección do problema revelou que a estrutura sufría pudrición e rebrandecemento nos piares, xiros que alteraban a súa verticalidade, corrosión nas pezas de unión e deterioro nas varandas. Ante esta situación, procedeuse ao seu valado e peche por seguridade, para evitar riscos ás persoas usuarias.

Seguirá en uso durante o que resta da tempada estival

O obxectivo da intervención actual é restaurar a estabilidade e seguridade da rampa para que poida seguir en uso durante o que resta da tempada estival. A actuación inclúe a reparación ou substitución das partes danadas e o reforzo dos elementos estruturais máis afectados. Esta solución temporal permitirá recuperar o acceso á praia en condicións seguras para todas as persoas, especialmente aquelas con mobilidade reducida.

Con todo, o Concello xa avanzou que a reparación actual non é definitiva. A intención é que, de cara ao verán de 2026, se leve a cabo un proxecto integral de substitución da pasarela actual por unha nova estrutura. Esta nova instalación deberá cumprir todos os requisitos de seguridade e accesibilidade, consolidándose como un servizo esencial da praia.

Rampa de Montecelo antes de ser reparada

Dende o Concello destacan a importancia de garantir a inclusión nos espazos públicos e lembran que as infraestruturas como esta rampa son fundamentais para facer das praias un lugar accesible para todas as persoas. A intervención na rampa de Portocelo forma parte do compromiso do goberno local coa mellora continua dos servizos públicos e coa seguridade dos usuarios.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss