Lucía Santos será a candidata do BNG á Alcaldía de Marín en 2027

Lucía Santos Omil como candidata á Alcaldía nas eleccións municipais de 2027, unha proposta que foi ratificada pola Asemblea Local celebrada o pasado 5 de xuño. Con esta decisión, a organización nacionalista continua o ciclo político coa ilusión, a experiencia e a fortaleza acumuladas nos últimos anos, preparada para liderar o futuro do concello.
16 de junio de 2026
1 minuto lectura
Lucía Santos, candidata BNG Marín.

O Consello Local do BNG de Marín acordou por unanimidade propoñer a
Lucía Santos representa a candidata idónea, con experiencia, capacidade de
traballo e un profundo coñecemento da realidade do concello, para encabezar o proxecto nacionalista.

Desde que asumiu a responsabilidade de liderar a organización local en 2018, nun contexto especialmente complexo, contribuíu decisivamente á recuperación e fortalecemento do BNG en Marín. Da man do traballo colectivo da militancia, a organización foi consolidando a súa presenza
institucional e social, iniciando un ciclo de crecemento que tivo o seu reflexo nos sucesivos avances electorais e na consolidación do BNG como unha forza política de referencia na vila.

Actualmente, Lucía Santos lidera un grupo municipal cohesionado, activo e
comprometido coa defensa dos intereses da veciñanza. O traballo
desenvolvido durante este mandato permitiu consolidar o BNG como a principal forza da oposición e alternativa real ao goberno local do Partido Popular (PP).

Desde a súa responsabilidade á fronte do grupo municipal, impulsou unha
oposición firme e construtiva, baseada na fiscalización da acción do goberno, na presentación de propostas a mellorar a calidade de vida da veciñanza e na defensa constante das necesidades e demandas da cidadanía.

Xunto ao resto de compañeiros e compañeiras da agrupación municipal da
formación nacionalista e ao conxunto da organización, mantén unha presenza permanente nos barrios, nas parroquias e entre o tecido asociativo, comercial e hostaleiro do concello, fortalecendo a relación directa coa veciñanza e trasladando ás institucións as súas preocupacións e propostas.

Para o BNG, Lucía Santos reúne as condicións necesarias para liderar un
proxecto ambicioso para o futuro do concello. A súa experiencia institucional, a súa capacidade de diálogo, o seu coñecemento da realidade local e a súa proximidade á veciñanza convértena na persoa idónea para encabezar a candidatura nacionalista nas eleccións municipais de 2027.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss