Máis de medio millón de euros para amellora da EP-1202

Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra están a investir 610.000 euros na EP-1202, o vial de titularidade provincial que conecta a Rotonda da Brea co núcleo de Ameal, chegando ata Rúanova. En total, actúase nunha extensión de 2.250 metros de vía, que está executando a empresa EC Casas.
11 de marzo de 2026
1 minuto lectura
Pablo Novas, María Ramallo
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro, Pablo Novas, acompañaron á deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro.

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas,
acompañaron á deputada de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, Belén Cachafeiro a unha visita á propia obra, que está executando a empresa EC Casas.

En total, actúase nunha extensión de 2.250 metros de vía. Ramallo insiste en que se trata “dunha vía moi utilizada pola propia veciñanza desta parroquia pero tamén por moitas das persoas que visitan as nosas praias ou
a parroquia de Seixo”.

Máis de 32 fogares

A maiores, o Concello está aproveitando a execución destas obras para desplegar, con fondos propios, unha nova rede de abastecemento de auga, creando as acometidas para as vivendas que se atopen entre a rotonda da Brea e o núcleo de Rúanova, beneficiando a un total de 32 casas.

«Vivir no rural ten que ser o mesmo que vivir en calquera rúa do casco urbano e por iso estamos tratando de garantir os mesmos servizos en todo o termo municipal, estendendo cada vez máis a rede, tal e como tamén estamos facendo nestes momentos na zona de Ardán”, finalizou a alcaldesa. Máis proxectos nesta zona: senda O Campo-Pardavila e cunetas en Marín-As Penizas.

Por outro lado, está previsto que pronto arranquen as obras de reposición de cunetas na EP-1201, uns traballos que suporán unha inversión de case 80.000 euros, actuando en 410 metros de lonxitude. Tamén se prevé, xusto no punto onde está a marquesiña de Ameal na obra que se está desenvolvendo, iniciar de cara á subida a senda O Campo – Pardavila, unha obra de gran calado que mellorará a seguridade urbana destas parroquias e entroncará coa senda de Pardavila – Cadro, xa executada.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss