Marín pon rostro aos coidados no 8M e reivindica o labor do SAF

En Marín, hay 60 persoas traballando neste servizo público, das cales 59 son mulleres, que realizan 5.000 horas ao mes e chegan a 90 fogares. “É o momento de visibilizar e dignificar unha profesión básica, onde os coidados son o centro”, declarou a alcaldesa, María Ramallo. A programación inclúe actividades en centros educativos, un obradoiro de burnout para as traballadoras e a celebración do acto institucional, onde se proxectará un documental con testemuñas reais. Marín, 26 febreiro 2026 O Concello de Marín presentou esta mañá a campaña institucional para conmemorar o Día Internacional da Muller, nun acto que contou coa participación da alcaldesa, María Ramallo; as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira, e as representantes do Centro de Información á Muller (CIM). Seguindo a tradición de dedicar cada 8M a un gremio profesional, esta edición pon o foco nas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un colectivo fundamental para o benestar da comunidade baixo o lema: “SAF, os coidados que melloran vidas”. Un servizo esencial e feminizado “O SAF constitúe un dos piares silenciosos do benestar nos municipios, permitindo que persoas maiores ou dependentes conten cos coidados que precisan no seu propio fogar, onde están as súas pertenzas, vivencias, recordos…”, explicou a alcaldesa. En Marín, no que acaba de renovarse o contrato, convertíndose nun dos dous de máis inversión municipal, o servizo conta con 60 persoas traballadoras, das cales 59 son mulleres. Actualmente, este equipo chega a 90 fogares da vila, prestando de xeito gratuíto 5.000 horas ao mes. “O traballo destas profesionais vai máis alá do técnico, esixindo unha gran sensibilidade e compromiso ético ao desenvolverse no espazo máis íntimo das persoas”, aseguran desde o Concello, polo que “neste 8 de marzo tiñámolo claro: tiñamos que visibilizar e reivindicar unha profesión esencial”. Son, como reza a campaña, “coidados que melloran vidas”, grazas a traballadoras que teñen que lidiar con situacións difíciles e esixentes a nivel físico e emocional, con horarios inestables, desprazamentos entre domicilios… Programación e recoñecemento Entre as actividades destacadas atópanse: ● Actividades escolares: Obradoiros lúdico-educativos en centros de Primaria baixo o título “Un día axudando na casa”. Tamén se levará a cabo a iniciativa “Radar: Level Up” para alumnado de ESO e Bacharelato. ● Acto Institucional (8 de marzo): Ás 12:30 h no Museo Municipal Manuel Torres terá lugar a homenaxe central. O acto incluirá a lectura da declaración institucional e a proxección dun documental sobre o oficio que conta cos testemuños reais das traballadoras Teresa Edreira, Lila Anaya Becerra e Saida Omar. ● Formación para profesionais: O 10 de abril celebrarase un obradoiro de prevención do burnout no Centro de Saúde, destinado a ofrecer ferramentas de autocoidado ás traballadoras do servizo ante a gran carga física e mental que soportan. A maiores, reaproveitouse a exposición fotográfica “Mans Coidadoras”, que poderá visitarse no vestíbulo do Concello ata o 6 de marzo e, posteriormente, no Museo Torres ata o día 8, e que ten por obxectivo é dignificar o valor social do coidado profesional.
27 de febrero de 2026
2 minutos de lectura
Presentación dos actos para o 8M en Marín.

Marín centrará a conmemoración do 8 de marzo nas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un colectivo maioritariamente feminino que sostén, desde a discreción, boa parte do benestar diario da vila. Baixo o lema “SAF, os coidados que melloran vidas”, o Concello quere visibilizar unha profesión marcada pola vocación, a esixencia física e emocional e unha clara fenda de xénero: das 60 persoas que integran o servizo municipal, 59 son mulleres.

A campaña institucional foi presentada pola alcaldesa, María Ramallo, acompañada polas concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira, así como polas representantes do Centro de Información á Muller (CIM).

Ramallo subliñou que o SAF constitúe “un dos piares silenciosos do benestar”, ao permitir que persoas maiores ou dependentes permanezan nos seus fogares, no seu entorno vital e afectivo. “É o momento de visibilizar e dignificar unha profesión básica, onde os coidados son o centro”, afirmou.

5.000 horas mensuais

O servizo, que acaba de renovar contrato como dous de maior investimento municipal, presta 5.000 horas mensuais de atención gratuíta e chega a 90 fogares.

As cifras dan conta da súa dimensión estrutural. O contexto de envellecemento progresivo da poboación galega, onde os coidados de proximidade son unha peza clave para garantir autonomía persoal e cohesión social.

A realidade laboral destas profesionais combina atención técnica e acompañamento humano. Traballan no espazo máis íntimo das persoas usuarias, con horarios fragmentados e desprazamentos continuos entre domicilios

A carga física e mental é elevada, así como a responsabilidade ética que implica intervir en situacións de dependencia. A feminización case absoluta do servizo volve poñer sobre a mesa a persistencia da división sexual do traballo. Isto supón a necesidade de recoñecer social e economicamente os coidados.

Cartel conmemorativo do 8M en Marín.

Programación 8M

A programación do 8M inclúe actividades educativas en centros de Primaria, baixo o título “Un día axudando na casa”. A iniciativa “Radar: Level Up” dirixida a alumnado de ESO e Bacharelato, co obxectivo de promover a corresponsabilidade desde idades temperás.

O acto institucional celebrarase o propio 8 de marzo ás 12:30 horas no Museo Municipal Manuel Torres, onde se lerá a declaración institucional e se proxectará un documental con testemuños reais das traballadoras Teresa Edreira, Lila Anaya Becerra e Saida Omar.

O autocoidado

Ademais, o 10 de abril desenvolverase no Centro de Saúde un obradoiro de prevención do burnout. Nesta ocasión estará destinado ás profesionais do SAF, co fin de ofrecer ferramentas de autocoidado fronte ao desgaste acumulado.

Por outra banda, a exposición fotográfica “Mans Coidadoras”, instalada no vestíbulo do Concello ata o 6 de marzo completa unha programación dirixida a dignificar o valor social do coidado profesional. Posteriormente, permanecerá no Museo Manuel Torres ata o 8 de marzo.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss