A Finca de Briz abrirá o domingo 1 ás 17.30 horas, cunha festa que incluirá PequeSamaín, música na lagoa e postos de comida. As colas das rutas pecharán ás 21.00 horas. Desde a apertura do recinto, o público poderá achegarse ás dúas rutas preparadas para esta edición: «A vila embruxada dos da Caña» e «O último pase», do CD La Peña.

O Concello lembra que as colas para acceder a estas rutas pecharán ás 21.00 horas, un horario que cómpre ter en conta á hora de planificar a visita e participar nos percorridos. Catro estacións para vivir o medo en Briz A programación contará tamén con catro estacións do medo, que funcionarán de 17.30 a 22.00 horas:
A Granxa Fantasma.
A Pandilla Circense do Terror.
Hospital das Ánimas en Pena.
O Circo das Ánimas Perdidas.

PequeSamaín
No PequeSamaín, que se desenvolverá entre as 18.30 e as 21.00 horas, con pintacaras, xogos e animación musical, entre outras actividades.
A zona da lagoa contará con animación e música de 19.00 a 22.30 horas.

O fin de festa está previsto para as 22.00 horas. A colaboración dos colectivos locais, esencial para a festa. O Concello agradece a participación da Fundación Juan XXIII, a comparsa Os daCaña, o CD La Peña, as comparsas La Pandilla, As Sonecas e Moreira a Tope, e Cor Café.