Marín prepárase para unha fin de semana intensa, cunha ampla oferta de actividades deportivas, culturais e de lecer.

A cita máis destacada é a III Aguete SUP Race, unha competición de paddle surf que se celebrará na Praia de Aguete o venres 4 pola tarde e o sábado 5 durante todo o día. A proba, organizada por Imua Paddle Surf Aguete, reunirá participantes de distintos niveis nun evento xa consolidado no calendario estival da vila.
4 de julio de 2025
1 minuto lectura
Cartaz ACD Gharaboto Marín
ACD Gharaboto Marín participa no 5º Torneo de Petanca

No eido deportivo destaca o 5º Torneo de Petanca, organizado pola ACD Gharaboto, que se desenvolverá no Parque da Barriada Virxe do Carme durante toda a fin de semana. O sábado 5, o torneo terá lugar en horario de 09.30 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h, mentres que o domingo 6 continuará de 09.00 a 14.00h.

A fin de semana coincide tamén coa celebración da Semana Estrela de Marín, impulsada pola asociación de comerciantes Estrela de Marín en colaboración co Concello de Marín. O venres 4 de xullo, os actos comezarán ás 18.00h con torneos de ESports no Multiusos da Praza de Abastos, continuarán co paso da Charanga Jalácticos polas rúas ás 19.00h, e culminarán cun sorteo presencial ás 20.00h, tamén no Multiusos.

Artesanía e música para o primeiro fin de semana de xullo

A artesanía tamén ten o seu espazo cunha Mostra de Artesanía na Alameda, que se inaugurará o venres 4 pola tarde e permanecerá aberta ata o 10 de xullo, ofrecendo produtos únicos feitos a man polos artesáns locais e da contorna.

Como broche de ouro á programación, o domingo 6 de xullo ás 21.00h, a Alameda acollerá o espectáculo musical “Camiñantes e Cantantes”, un evento cheo de enerxía e música galega con artistas como La Oca Band, Pili Pampín, Pepo Suevos e Laura Añón. Unha proposta pensada para gozar en familia e que promete converterse nun dos momentos máis festivos do verán marinense.

Marín conta esta primeira fin de semana do mes de xullo cunha programación diversa e para todos os gustos, cunha variada combinación de deporte, cultura, música e comercio local.

Calendario de eventos DM. Mes de Xullo

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss