Marín prepárase para vivir a devoción do San Miguel este domingo, 4 de outubro

O acto solemne será ás 11.00 horas, para despois proceder á Misa e á procesión, coa Danza de Espadas.
28 de septiembre de 2026
1 minuto lectura
Danza de Espadas. San Miguel 2024. 29-9-2024
Danza de Espadas en la edición pasada con la Escuela Naval de Marín de fondo. Foto: JLG Portela.

Este domingo, Marín renderase á devoción por San Miguel Arcanxo, o noso
patrón, que mañá ten o seu día, pero que na vila celébrase sempre o domingo seguinte a esta data, é dicir, o 4 de outubro. Tradición, devoción, historia e implicación será o que se viva o domingo, que arrancará ás 11.00 horas co acto solemne de entrega de Medallas e Distincións ás autoridades, así como ás persoas homenaxeadas e aos novos e novas cofrades por parte do Padroado de Mareantes de San Miguel.

Danza de las Espadas en San Miguel.

Este ano, estrearánse na Confraría o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos; o gaiteiro do Grupo Beiramar, Manuel Santos Costa; a vicepresidenta do Grupo Meigas e Trasgos, Consuelo Acuña Cortegoso; o danzante do Ateneo Santa Cecilia, Miguel López San Matías, e o gaiteiro do grupo Meigas e Trasgos, Sergio Romero Trabazo.

San Miguel
San Miguel

Unha vez rematado o acto no Salón de Plenos, ás 12.00h, arrancará a Misa
solemne, cantada polo Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do Porto e ás 13.00 horas sairá a procesión cos grupos da Danza de Espadas.

Danza das Espadas, San Miguel. 29-9-2025
Danza das Espadas, San Miguel. Foto: JLG Portela

A primeira danza bailarase fronte ao Templo Novo; a segunda, na Praza de España, e a última, na Praza do Reloxo, cando se fai a Ofrenda Floral aos danzantes. Pola tarde, ás 18.30h, haberá de novo baile da Danza nas inmediacións da lameda e finalmente ás 19.30h, actuación musical con Terapia de Grupo no Palco da Música.

Danza das Espadas, San Miguel. 29-9-2025
Danza das Espadas, San Miguel. Foto: JLG Portela.
Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss