A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín advirte que “queremos a solución do problema con urxencia. Como quen sufrimos as consecuencias da mala xestións e planificacións da xerencia de área do Sr Flores e da Consellaría somos nós, tamén seremos nós os que volveremos facer novas protestas porque non imos calar ante o deterioro da sanidade de todas e todos».
A Plataforma, que agrupa a máis de 20 colectivos, vén de informar que o Centro de Saúde de Seixo está a funcionar cunha soa médica para máis de 2400 persoas pola baixa da outra facultativa sen cubrir por parte do Sergas dende o 1 de xuño.

A plataforma sinala que “dende o momento no que se produciu a baixa da Dra Graciela, os casos máis urxentes ou as receitas deste cupo foron asumidas pola outra doutora a maiores dos seus pacientes, o que está a aumentar a lista da agarda e tamén a saturación na axenda da única médica que temos para todo o centro, que pode consultar arredor de 50 pacientes diarios».
O colectivo denuncia que “levamos anos denunciando, que a Consellería ten na súa política de recortes deixar de cubrir baixas, permisos, vacacións e xubilacións o que leva á saturación do persoal que está en activo e a listas de agarda evitables. Nos dous centros de saúde do Concello sabemos ben as consecuencias desta neglixencia na saúde das veciñas e veciños».
Tempo de espera
A portavoz da Plataforma, Iria Aboi Ferradás, incide en que “a pesar dos
esforzos do persoal que temos no Centro de Saúde por atender as necesidades da veciñanza, e que agradecemos, aumentou moito o tempo de espera para unha cita, e aínda non comezou o verán coa incorporación da poboación turista e sen reforzo de costa dende hai anos.”

Aboi insiste “non aceptamos que nos digan que non teñen a quen mandar,
cando o Conselleiro Caamaño fai anuncios día si día tamén da cantidade de persoal médico voluntario que teñen para o verán e os PACs. Que se deixen de propaganda, que iso non cura. Que vai pasar cando a médica en activo colla vacacións? Como quedaremos se a esta medica lle pasa algo? A cobertura de Centros de Saúde coma o noso debera estar perfectamente planificada para non repercutir este problema no sobreesforzo dos profesionais que traballan nel e na saúde das e dos pacientes.
Dende a Plataforma advirten que “queremos a solución do problema con urxencia. Como quen sufrimos as consecuencias da mala xestións e planificacións da xerencia de área do Sr Flores e da Consellaría somos nós, tamén seremos nós os que volveremos facer novas protestas porque non imos calar ante o deterioro da sanidade de todas e todos.”