Durante o ano 2025, o equipo de traballo de Servizos Sociais, atenderon a máis de 2.600 persoas para as distintas xestións que se realizan e canalizan a través deste departamento.
Segundo manifesta o propio concello «a atención ás persoas a través do departamento de Servizos Sociais é unha gran prioridad, onde calquera persoa que o precise ten que poder ser sostida polo sistema de prestación social municipal».

Entre as prestacións máis tramitadas está a da bonificación da taxa de auga, lixo e sumidoiro. Este ano se beneficiaron 153 familias con escasos recursos económicos. Outras 86 participaron do Banco de Alimentos e en total tramitáronse 338 solicitudes da valoración do grao de dependencia e 153 de discapacidade, entre outros trámites.
Respiro e Inclusión
Outro dos programas que está a funcionar moi ben é o de Respiro Familiar, da que se benefician 28 persoas na vila. Ademais 31 puideron acceder ás axudas de inclusión social, pensadas para sufragar gastos urxentes e extraordinarios de vivenda ou de carácter social.
Ademais o Bono Alugueiro Social chegou a 25 persoas. No que respecta á Renda de Inclusión Social de Galicia, foron 75 as familias beneficiarias. Esta prestación pública está destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a aquelas persoas que carezan deles.

Programas municipais
Durante todo o pasado ano, 50 familias uníronse ao servizo de educación e apoio familiar. Desta forma se dá orientación para a mediación de conflictos familiares e a mellora da convivencia en casos de menores en situación de vulnerabilidade ou crise.
Por outro lado, o Servizo de Axuda no Fogar chegou a 101 persoas e seguirá sendo un esforzo imprescindible nos casos de persoas dependentes. Súmanse 40 persoas que contan con seguemento diario a través do servizo de Teleasistencia Municipal, que permite contar con axuda inmediata as 24 horas

E hai 40 persoas que contan con seguemento diario a través do servizo de
Teleasistencia Municipal, que permite contar con axuda inmediata as 24 horas pulsando un botonciño. Ademais, están a funcionar moi ben os programas de prevención e apoio como a Unidade Terapéutica para persoas con Alzheimer ou os espazos de Vida Activa e Envellecemento Activo, que ofrecen obradoiros e recursos constantes.