O dispositivo aplicarase diariamente no horario comprendido entre as 07:30 horas e as 09:00 horas, coincidindo coa franxa na que se concentra a chegada de estudantes, familias e persoal docente. A Policía Local informou de que a nova sinalización xa foi instalada na zona e que, durante estes tramos horarios, os axentes estarán presentes para ordenar os accesos, regular a entrada de vehículos e garantir que a circulación se desenvolva con maior seguridade.

A actuación responde á necesidade de dar unha solución práctica ás dificultades que se viñan detectando nas últimas semanas, nas que a elevada densidade de tráfico xeraba problemas de retención e dificultaba tanto a entrada aos centros como a circulación pola rúa Chan do Monte. Con esta nova organización, a Policía Local busca non só reducir o tempo de espera dos vehículos, senón tamén aumentar a seguridade viaria de toda a comunidade educativa.
Facilitar o acceso diario ás instalacións
Tanto o IES Chan do Monte como o CRP San Narciso veranse beneficiados por esta medida, que pretende facilitar o acceso diario ás instalacións e mellorar a convivencia no tránsito rodado da zona. Desde a Policía Local faise un chamamento a todas as persoas usuarias da vía para que respecten as novas indicacións, presten atención á sinalización colocada e colaboren coas instrucións dos axentes.


A Policía Local fai un chamamento a todas as persoas usuarias da vía para que respecten as novas indicacións
Con esta actuación, a rúa Chan do Monte contará así dende hoxe, cunha regulación adaptada ás necesidades reais de tráfico nos horarios críticos de entrada escolar, co propósito de axilizar a circulación e mellorar a seguridade de alumnado, familias e profesorado.
