Novo encontro veciñal para «Abrir Marín ao mar»

Néstor Rego e Lucía Santos explicarán este venres 30 de xaneiro, ás 20.00 horas, no Museo Municipal Manuel Torres, o estado actual do proxecto Abrir Marín ao mar, tras a luz verde do Congreso.
29 de enero de 2026
1 minuto lectura
Visita de Nestor Rego a Marín. Foto: JLPortela

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrará este venres 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Museo Municipal Manuel Torres, o acto público “Abrir Marín ao mar, recuperar o noso”. Un xuntanza veciñal para explicar o proxecto Abrir Marín ao Mar e abrir un espazo de información e debate sobre a recuperación do litoral de Marín.

No acto intervirán Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, e Lucía Santos, voceira do BNG de Marín. Rego abordará o papel das institucións estatais, mentres Santos explicará a posición e as propostas do BNG para a vila.

O acto celébrase tras a aprobación no Congreso dos Deputados dunha iniciativa que insta o Goberno do Estado a iniciar o proceso de cesión dos terreos, un respaldo político previo que abre unha oportunidade para avanzar na recuperación da beiramar.

Desta forma, a iniciativa aposta por facilitar un maior acceso público á beiramar e mellorar a integración do litoral na vila, sen cuestionar os usos do porto nin da Escola Naval Militar, co obxectivo de avanzar cara a un Marín máis habitábel, sostíbel e socialmente cohesionado.

Recollida de firmas para elevar a proposta no Congreso dos Diputados.

Recollida firmas

Durante este mes de xaneiro o grupo nacionalista de Marín levou a cabo diferentes actos para recoller firmas entre os veciños e veciñas como apoio á tramitación iniciada no Congreso dos Deputados. Desta forma ínstase o goberno central a dar cumprimento á proposta para a recuperación de espazos da Escola Naval Militar e do Porto para uso público.

No acto deste venres tamén se poderá participar coa firma desta proposta. Ademais desde a organización política manterán estas mesas públicas para a veciñanza en diferentes puntos de Marín aínda que esperarán que melloren as condicións meteorolóxicas.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss