O Bloque lamenta a negativa do PP para crear unha comisión de partidos pola vertedura de plásticos

Desde o concello anímase aos voluntarios para participar para a limpeza, "esta boa nova non supón que se vaian a deixar de realizar estas labores de vixilancia. Ademais, o Concello mantén activo todo o seu protocolo por se ao longo da fin de semana".
13 de enero de 2024
2 minutos de lectura
limpieza playa marín pellets

O BNG lamenta a negativa do PP para crear unha comisión de partidos pola vertedura de plásticos. Lucía Santos califica a postura do PP de lamentábel e indica que “María Ramallo está sendo irrespetuosa coa corporación municipal, xa que por unha banda dí quedar á nosa disposición mais despois néganos o dereito a manter unha xuntanza informativa”.

O pasado mércores día 10, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, informou aos grupos da corporación municipal da chegada de granulado ás praias de Lapamán e A Coviña, polo que a voceira do BNG, Lucía Santos, solicitou unha xuntanza de portavoces no Pleno Municipal para ter información de como se está coordinando a retirada de “granulado” dos areiais e en que consiste o protocolo de actuación.

Falta de transparencia

Debido á resposta recibida, Lucía Santos lamenta que a alcaldesa se negue a manter unha xuntanza de portavoces, dando novamente unha mostra de falta total e absoluta de transparencia, ao que inevitábelmente xa nos ten acostumadas o goberno do PP. María Ramallo limitouse a dar información no remate do pleno municipal celebrado onte, xoves 13, negando aos grupos da corporación municipal poder facer algunha pregunta sobre o tema.

Neste sentido, o concello asegurou que «efectivos da brigada de Limpeza do Concello e persoal de Protección Civil informan, despois de realizar a ronda de vixilancia por todas as praias de Marín establecida no protocolo de actuación municipal, que non se atoparon pellets en ningún dos areais. Tampouco na Coviña, que onte quedou limpa de residuos».

Voluntarios

Desde o concello anímase aos voluntarios para participar para a limpeza, «esta boa nova non supón que se vaian a deixar de realizar estas labores de vixilancia. Ademais, o Concello mantén activo todo o seu protocolo por se ao longo da fin de semana esta situación cambia e é preciso activar as brigadas de limpeza e recollida de pellets.  Se queres apuntarte para realizar voluntariado no caso de que sexa preciso facer limpezas, manda un mail alcaldia@concellodemarin.es indicando nome e teléfono de contacto«.

Lucía Santos califica a postura do PP de lamentábel e indica que “María Ramallo está sendo irrespetuosa coa corporación municipal, xa que por unha banda dí quedar á nosa disposición mais despois néganos o dereito a manter unha xuntanza informativa, e o que é mais grave, néganos a oportunidade de poder facer preguntas ante unha situación tan preocupante».

egundo a información trasladada pola alcaldesa, non se sabe en que consiste o protocolo de actuación nin se Marín ten un plan de emerxencia, no caso de chegada de máis “granulado” aos areais do noso concello. O BNG insiste na necesidade de convocar unha xuntanza de portavoces para ter a información demandada e poder traballar man a man como procede nesta situación de emerxencia.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss