O BNG acusa ao Concello por falta de transparencia na Festa Corsaria

Lucía Santos insta á Valedora do Pobo a intervir dado que “vemos con preocupación como o Concello de Marín está a cometer un feito moi grave de forma reiterada, incumprindo a lei de transparencia municipal e impedindo poder realizar o noso traballo”.
13 de noviembre de 2023
1 minuto lectura
festa corsaria marín

O BNG vén de solicitar á Valedora do Pobo a súa intervención no Concello de Marín por incumprimento no dereito dos grupos da Corporación Municipal a poder realizar consultas de información, recollido no artigo 77 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Lucía Santos, portavoz municipal do BNG, manifesta que transcorridos máis de dous meses dende a solicitude para acceder ao expediente da Festa Corsaria e tras múltiples peticións, seguimos sen ter acceso a toda a documentación relacionada coas contratacións e xestións de dito expediente.

Transparencia municipal

Lucía Santos lembra que: «O pasado 24 de agosto, solicitamos no rexistro do Concello de Marín o acceso ao expediente relacionado coa Festa Corsaria celebrada en Marín durante os días 18, 19 e 20 de agosto. O A información non é facilitada até o día 31 de agosto e a documentación está incompleta. O 6 de setembro volvemos solicitar a documentación que falta en comisión informativa de festas á que corresponde o expediente mais sigue sen ser facilitada. O 14 de setembro na celebración dun Pleno Municipal volvemos requirir á alcaldesa do Concello de Marín ter acceso á documentación que falta no expediente».

Por todo isto, dende o BNG «vemos con preocupación como o Concello de Marín está a cometer un feito moi grave de forma reiterada, incumprindo a lei de transparencia municipal e impedindo poder realizar o noso traballo, polo que instamos á Valedora do Pobo para requirir ao goberno municipal do PP a dar cumprimento ao acceso a información necesaria aos grupos da corporación municipal e poder exercer a función de control e fiscalización do goberno municipal con total liberdade e normalidade».

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss