O BNG alerta do risco polo abandono dunha zona de Tiro Naval Janer

Celia García insta ao Concello a facerse cargo da limpeza dunha das parcelas de Tiro Naval Janer, onde a maleza invade o cableado eléctrico e ameaza con provocar a súa rotura polo exceso de peso.
23 de octubre de 2025
1 minuto lectura
Tiro Naval Janer. Centro Marín. Casco histórico.
Tiro Naval Janer, Marín.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) trasladou no pleno municipal, celebrado o pasado 9 de outubro ao goberno local, a necesidade urxente de actuar nunha das parcelas do Tiro Naval Janer, actualmente nun estado de total abandono.

Risco do cableado

A concelleira Celia García advertiu de que a maleza cobre por completo o
cableado existente, o que supón un risco real de rotura debido ao peso da
vexetación. Ademais, o entorno presenta un aspecto de deixadez, con herbas que invaden o espazo público e poden dificultar o acceso e a visibilidade na zona.

Tiro Naval Janer. Marín. Casco Histórico.
Tiro Naval Janer.

Limpeza da parcela

García reclamou que o concello asuma a responsabilidade e proceda de
inmediato á limpeza da parcela, ao lembrar que “non se trata só dunha cuestión estética, senón tamén dun problema de seguridade e de prevención de danos”.

Dende o BNG solicitamos ao Concello que actúe de inmediato para poñer fin á situación de abandono existente nunha das áreas do Tiro Naval Janer e garantir a seguridade da veciñanza.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Fundadora de Diario Marín (DM)
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss