O BNG anima á veciñanza a mercar no comercio local

Lucía Santos, anima á veciñanza a apoiar o pequeno comercio e lamenta a falta de compromiso do goberno municipal no apoio ao pequeno comercio e á eliminación de iniciativas tradicionais.
16 de diciembre de 2023
1 minuto lectura
moda navideña tienda de moda
Escaparate de Alma Libre en la calle Jaime Janer, Marín.

A portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Lucía Santos, destaca a importancia crucial que o comercio local ten no desenvolvemento económico de Marín. Este sector non só serve como motor de crecemento, senón que tamén contribúe de maneira significativa á xeración de emprego, á redución da pobreza e á oferta de novas oportunidades económicas para a comunidade local.

Co aumento do consumo durante as celebracións de Nadal, Santos insta á comunidade a apoiar o comercio de proximidade e a desfrutar da hostalaría local, contribuíndo así a manter a vitalidade da nosa localidade e promover un consumo de calidade.

Santos subliña que «o pequeno comercio é un sector básico da nosa economía e de gran importancia para Marín». Ademais, sinala que «este comercio ven sufrindo unha crise significativa debido á competencia das grandes superficies, e a situación agravouse considerablemente co aumento das compras por internet».

Un lugar con actividade comercial convértese nun espazo destacado que atrae á poboación e transfórmase nunha zona de referencia. Cando os pequenos negocios dun barrio desaparecen, a zona tende a empobrecerse. Por iso, o BNG anima á comunidade a consumir produtos locais e facer as súas compras no pequeno comercio, mellorando así a economía local e contribuíndo a manter vivo este sector.

Doutra banda, o BNG lamenta a falta de iniciativas por parte do goberno municipal para promover o consumo de produtos locais en datas tan significativas como as de Nadal. Resulta aínda máis incomprensíbel tendo en conta que o goberno do PP decidiu eliminar a campaña de bonos comercio e o
concurso de decoración natalicia que viñan celebrándose nos últimos anos. Lucía Santos considera que o pequeno comercio é un pilar fundamental da nosa economía e de gran importancia para Marín, polo que non comprende a falta de compromiso e o desinterese amosado polo goberno municipal do PP
durante o seu mandato.

¡La invitamos a presentarse al Concurso Diario Marín Mejor Estampa Navideña en el Hogar y Comercio: concurso estampas de navidad!

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss