O BNG convoca unha asamblea veciñal en Ardán

A formación nacionalista, ademais de amosar as iniciativas levadas a cabo, tamén recollerá propostas e necesidades da veciñanza.
26 de febrero de 2026
1 minuto lectura
Lucía Santos.
Lucía Santos, Portavoz do Grupo Municipal do BNG.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) convoca unha asemblea veciñal en Ardán este venres, 27 de febreiro.

A reunión terá lugar na Casa da Cultura ás 19.30 horas e, ademais de amosar as iniciativas levadas a cabo polo BNG, tamén se recollerán propostas e necesidades da veciñanza.

Sede BNG en la Plaza Veiguiña de Marín.
Sede BNG en la Plaza Veiguiña de Marín.

Colectivos Culturais

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, convida á participación da xente e dos colectivos culturais, veciñais e deportivos, xa que é unha oportunidade para compartir ideas nun espazo de debate aberto e contribuír ao desenvolvemento local.

praza da veiguiña marín
As pandereteiras da Veiguiña

“Cremos firmemente que a política do si é a de non darlle as costas á xente, polo que continuamos coa nosa rolda de visitas polas parroquias do concello, unha iniciativa deseñada para fortalecer lazos e asegurar que todas as voces sexan escoitadas”, afirmou a formación nacionalista.

Desde o BNG lembran que estes encontros pretenden construír o futuro do concello contando coa veciñanza.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss