O BNG denuncia a falta de información e seguridade no antigo cemiterio de chalanas

O grupo municipal do BNG lembra que o antigo Cemiterio de Chalanas acumula un investimento público de 650.000 euros e denuncia que aínda non existe unha explicación clara sobre os usos permitidos.
27 de julio de 2026
1 minuto lectura
Dársena portuaria "Cemiterio de Chalanas" lleno de niños bañándose.
Dársena portuaria "Cemiterio de Chalanas" en Marín lleno de niños bañándose. Foto: LFP

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia que a
dársena se está a consolidar como zona de baño sen que o Goberno local do
Partido Popular (PP) aclare se este uso é compatible coa normativa portuaria nin que medidas de seguridade ten previsto adoptar. A formación lembra que xa presentara alegacións ao proxecto municipal hai dous anos, nas que advertía de posibles deficiencias administrativas e cuestionaba a viabilidade legal do cambio de usos.

Segundo explica a organización nacionalista, esta preocupación foi trasladada de forma reiterada nas comisións informativas e tamén no pleno celebrado o pasado 8 de xullo, onde solicitou aclaracións sobre os usos permitidos na dársena e as medidas de seguridade previstas ante a presenza habitual de persoas bañándose neste espazo. A formación confirma que, ata o momento, o executivo local non ofreceu unha resposta clara.

650.000 euros

O grupo municipal do BNG lembra tamén que o antigo Cemiterio de Chalanas foi obxecto dun investimento público de 650.000 euros, dos que 300.000 euros corresponden ás obras de reparación da dársena. A este desembolso súmase a imposición dun canon anual de 13.081,62 euros que deberá asumir o Concello pola concesión do espazo. Para o BNG, resulta incomprensible que, tras este importante esforzo económico, a veciñanza continúe sen coñecer con claridade cal será o uso definitivo do espazo.

Colocación del césped en el Cementerio de Chalanas, en la piscina de agua salada.
Colocación del césped en el Cementerio de Chalanas, en la piscina de agua salada.

Para o BNG, a situación actual é consecuencia do modelo escollido polo
Goberno do PP para este enclave, unha decisión que a formación xa
cuestionara durante a tramitación do proxecto. Os nacionalistas lembran que xa defenderan que este espazo, situado nunha contorna de marisma e
estreitamente vencellado á historia mariñeira da vila, debía converterse nun museo ao aire libre dedicado á conservación e divulgación do patrimonio, unha proposta que o Museo do Mar puxo en valor recentemente durante a conmemoración do Día do Mar.

Placa Homenaje a los hombres y mujeres del Mar en la entrada del Paseo Alcalde Blanco, antiguo 'Cementerio de Chalanas'.
Placa Homenaje a los hombres y mujeres del Mar en la entrada del Paseo Alcalde Blanco, antiguo ‘Cementerio de Chalanas’.

O grupo municipal do BNG reclama ao Goberno local que aclare de inmediato a situación legal deste espazo, adopte as medidas de sinalización e seguridade necesarias.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss