O BNG denuncia a falta de solucions para dotar de sombra os xogos de agua

Tino Iglesias denunciou que o Espazo Alcalde Blanco afrontará outro verán sen zonas de sombra para as crianzas. O BNG critica que, tras máis de dous anos de reclamacións, o Goberno local continúe sen dar resposta a unha demanda reiterada da veciñanza.
22 de junio de 2026
1 minuto lectura
Xogos no Paseo Alcalde Blanco.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volveu solicitar a instalación de
elementos de sombra na zona de xogos do Espazo Alcalde Blanco, atendendo a unha demanda reiterada da veciñanza. A formación nacionalista lembra que este espazo conta cun grande potencial para o desfrute das crianzas durante o verán, mais carece de áreas acondicionadas que as protexan das altas temperaturas, unha situación que pode supoñer un risco para a saúde pública.

Los pequeños acuden a bañarse como si fuera una piscina pero sin socorrista ni vigilancia. Foto: LFP
Los pequeños acuden a bañarse como si fuera una piscina pero sin socorrista ni vigilancia. Foto: LFP

Esta problemática xa foi trasladada polo BNG no ano 2023. No Pleno da
Corporación municipal celebrado o 13 de xullo dese ano, a concelleira
nacionalista Celia García reclamou a instalación dalgún sistema que
proporcionase sombra ás familias usuarias da zona. Naquel momento, García xa advertía de que “esta circunstancia é un detalle evidente que xa debera estar previsto no proxecto de instalación da zona de xogos acuáticos”.

Dous anos despois

Máis de dous anos despois, o concelleiro do BNG, Tino Iglesias volveu levar
esta cuestión ás institucións municipais, no pasado pleno celebrado o 18 de
xuño. Segundo explica a formación, a resposta do Goberno local do Partido
Popular (PP) foi que xa se realizaran xestións e solicitudes a varias empresas para instalar algún elemento de sombra, aínda que recoñecendo ao mesmo tempo que dificilmente estará dispoñible para este verán.

Desde o BNG consideran unha falta de respecto que, tras máis de dous anos de reclamacións públicas e propostas concretas, o PP continúe sen ofrecer unha solución efectiva para unha necesidade básica nun espazo destinado ao lecer infantil durante os meses de maior calor.

A organización nacionalista pregúntase se o Goberno local “vive nun estado de amnesia que lle impide lembrar as demandas que leva anos realizando a
veciñanza e trasladando o BNG” ou se, pola contra, considera que a cidadanía non merece explicacións serias sobre unha problemática evidente e reiteradamente denunciada.

O BNG insiste en que a instalación de zonas de sombra debe ser unha
actuación prioritaria para garantir un uso seguro e confortable deste espazo
público.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss