O BNG inicia unha campaña de sinaturas para abrir Marín ao Mar

A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o domingo 18, de 12 a 14 horas na alameda Rosalía de Castro.
16 de enero de 2026
1 minuto lectura
Recogida firmas. BNG. Alameda.
Recogida firmas. BNG. Alameda.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín anuncia o lanzamento dunha campaña de recolllida de sinaturas para instar ao goberno estatal ao
cumprimento da proposta aprobada no Congreso, para a recuperación de espazos da Escola Naval Militar e Porto para uso público. Por primeira vez na historia, a política estatal recoñece que Marín ten dereito a recuperar o seu litoral.

Domingo, de 12 a 14 horas

A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible este domingo 18 de xaneiro, de 12 a 14 horas na alameda Rosalía de Castro. Este evento permitirá á veciñanza apoiar unha proposta histórica para poder recuperar a franxa litoral da nosa vila.

BNG de Marín con Néstor Rego, deputado do Congreso reivindicando abrir Marín ao mar.
BNG de Marín con Néstor Rego, deputado do Congreso reivindicando abrir Marín ao mar.

A cesión de terreos xa está políticamente avalada, mais agora comeza o realmente importante, que Marín faga valer esa oportunidade. O apoio cidadán é o que pode marcar a diferencia entre un proxecto que avance, ou quede atrapado en informes, atrasos ou desinterese. Canto máis apoio transversal, máis fácil será facer realidade a recuperación do noso litoral.

Recuperar os espazos

Abrir Marín ao mar é unha iniciativa do BNG para recuperar os espazos do litoral que hoxe están pechados á cidadanía sen cumprir unha función pública real. Trátase de devolver á veciñanza parte dos máis de dous quilómetros de fronte marítima, para poder crear novos espazos públicos, verdes e accesibles, unha oportunidade para tranformar Marín nunha vila máis viva, sostible e con futuro.

Deja un comentario

Don't Miss