O BNG insta a actuar ante o mal estado dos pasos de peóns

A formación nacionalista advirte de que existen numerosos pasos de peóns en diferentes rúas do concello que están practicamente borrados, o que dificulta a súa visibilidade e pode supor un risco para a seguridade das persoas viandantes.
26 de marzo de 2026
1 minuto lectura
Paso de peóns.
Paso de peóns.

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) trasladou, no pleno celebrado o pasado 12 de marzo, un rogo ao goberno local do Partido Popular (PP) para que proceda á revisión de todos os pasos de peóns do concello e execute o seu repintado ante o evidente deterioro que presentan.

A formación nacionalista advirte de que existen numerosos pasos de peóns en diferentes rúas da vila que están practicamente borrados, o que dificulta a súa visibilidade e pode supor un risco para a seguridade das persoas viandantes.

Paso de peóns.
Paso de peóns.

A portavoz municipal, Lucía Santos, instou ao Goberno local a atender os
asuntos do día a día que son de competencia municipal, como é a revisión
periódica dos pasos de peóns para determinar cando cómpre actuar. Segundo sinala, é necesario evitar que cheguen a unha situación de abandono pola falta de previsión da equipa de goberno, algo que pode acabar afectando á seguridade viaria. Nese sentido, o BNG reclama un plan de actuación que recolla intervencións periódicas.

Paso de peóns.
Paso de peóns.
Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss