O BNG manifesta o seu rexeitamento ante a agresión a un traballador do PAC de Marín

Lucía Santos subliñou que estes actos violentos e inxustificados foron en aumento dende o comezo da pandemia como resultado das políticas austeras levadas a cabo polo PP.
26 de octubre de 2023
1 minuto lectura
Cartel del Centro de Salud en Marín.
Cartel del Centro de Salud en Marín.

Na última sesión do pleno municipal, celebrada o pasado mércores día 18, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifestou o seu rexeitamento absoluto pola agresión a un traballador do PAC de Marín o pasado13 de outubro.

Lucía Santos, a portavoz municipal do BNG, indicou que os profesionais dos centros sanitarios levan anos demandando medidas de seguridade fronte a este tipo de incidentes, que lamentablemente cada vez son máis frecuentes, especialmente na atención primaria, onde o contacto cos pacientes é máis
prolongado.

No ano 2022, o sistema de saúde en Galiza rexistrou un total de 843 agresións a traballadores da sanidade, o que representa un preocupante aumento do 38% en comparación co ano anterior. Ante este incremento de actos violentos, os profesionais da saúde solicitaron a implementación de medidas preventivas e disuasorias para evitar futuras agresións.

Lucía Santos subliñou que estes actos violentos e inxustificados foron en aumento dende o comezo da pandemia, como resultado directo da precaria situación que atravesa o sistema de saúde pública. A sociedade está sufrindo as consecuencias da falla dunha atención sanitaria adecuada debido ás
políticas de recortes e privatización levadas a cabo polo goberno do Partido Popular (PP) na Xunta de Galiza.

Neste contexto, a portavoz municipal do BNG instou á alcaldesa María Ramallo a exercer o seu cargo e defender os intereses da veciñanza de Marín, esixindo melloras no servizo público de saúde.

O BNG reafirmou o seu compromiso de seguir loitando por unha atención sanitaria de calidade e por respecto e recoñecemento aos traballadores da saúde, quenes continúan brindando o seu servizo en circunstancias difíciles. A solidariedade e o apoio son esenciais para superar os desafíos actuais e
construír un futuro máis seguro e saudable para Marín.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss