Dúas propostas relacionadas coa agua serán escoitadas no Pleno do Concello de Marín hoxe a partir de las 20 horas: unha do BNG e a outra do equipo de Goberno. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) levará unha moción para reclamar a conexión inmediata do CEIP de Ardán á rede municipal de abastecemento. A propuesta de María Ramallo trata do acordo de colaboración con Auguas de Galicia.

Preténdese que a entidade pública empresarial e Concello de Marín acorden unha excución da obra de mellora da rede de saneamiento de Marín no contorno do Río Lameira, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento rexional (Feder) nun 80% do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

CEIP de Ardán
Doutra banda, a formación nacionalista considera urxente garantir un servizo básico que o centro leva anos solicitando sen resposta efectiva por parte do Concello. O colexio continúa dependendo dun pozo propio, un sistema que se revela insuficiente cada primavera, cando o caudal baixa e provoca repetidas interrupcións no subministro.
Estas incidencias veñen xerando preocupación entre a comunidade educativa. A situación afecta á hixiene diaria do alumnado e ao funcionamento do comedor escolar, imprescindible para numerosas familias.
Anos sen solucións
A problemática non é nova. Ardán leva tempo sufrindo limitacións e deficiencias na súa traída, unha realidade que se agrava en épocas de menor caudal. Segundo lembra o BNG, «antes da pandemia unha inspección sanitaria detectara deficiencias graves no sistema de subministro». En consecuencia, se chegou a impoñer unha sanción. E iso non se traduciu nunha solución definitiva por parte do Concello.
Actuacións inmediatas
A moción presentada polos nacionalistas recolle dúas medidas principais.A primeira é a conexión definitiva do colexio á rede municipal, unha actuación que garantiría un subministro constante e seguro.
A segunda, de carácter provisional e urxente, insta ao Concello a instalar depósitos de almacenamento e sistemas complementarios. Todo iso para evitar novos episodios de falta de auga mentres non se execute a obra principal.

«Mesmo trato e recursos»
A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, sinala que “non é asumible que un dos centros máis recentes en construírse, continúe sen un servizo básico de abastecemento de auga”. Santos recorda que “O CEIP de Ardán, con máis de trinta anos de actividade, merece o mesmo trato e os mesmos recursos que calquera outro centro escolar de Marín”.
A formación nacionalista fai un chamamento ao goberno local para que actúe con dilixencia e poña fin a esta problemática que leva demasiado tempo enquistada. O obxectivo é «garantir que o centro poida desenvolver a súa actividade educativa en condicións dignas e de igualdade co resto do alumnado do municipio».