O BNG reclama medidas urgentes de prevención de incendios

O grupo municipal do BNG solicita que o Concello se persone como acusación particular polo lume do Monte Pornedo e propoñen unha campaña municipal de prevención e concienciación.
5 de agosto de 2025
1 minuto lectura
Dúas avionetas recorren a zona cando o incendio segue vivo

Este verán, Marín está a sufrir unha vaga de incendios forestais que puxeron en alerta á veciñanza e supuxeron un risco directo para persoas, vivendas e instalacións públicas.

Os lumes tamén afectaron zonas de elevado valor ambiental e cultural, como o Monte Pornedo (ou Pituco) e a contorna de Moreira. Segundo MeteoGalicia, AEMET e a Consellería do Medio Rural, a combinación de seca prolongada, temperaturas anormalmente altas e acumulación de biomasa sitúa ao municipio nun contexto de alto risco.

Desde o BNG de Marín trasladaron o seu recoñecemento ao labor dos equipos de extinción e da veciñanza que colaborou activamente para conter os lumes.

Políticas públicas de prevención

Con todo, advirten da necesidade de reforzar as políticas públicas de
prevención e mellorar o coidado do territorio. “Cómpre actuar con responsabilidade e anticipación para evitar situacións graves para as persoas e os seus fogares”, sinalan desde a formación nacionalista.

Neste contexto, e como mostra da gravidade da situación, o BNG levou ao
pleno municipal do 10 de xullo unha iniciativa concreta sobre o incendio que tivo lugar no Monte Pornedo o pasado 7 de xullo.

A través da concelleira Davinia Lojo, solicitaron que, de confirmarse que o lume foi intencionado, o Concello de Marín se persone como acusación particular. O incendio achegouse perigosamente a zonas habitadas, danou espazos naturais e chegou a ameazar xacementos arqueolóxicos catalogados como Ben de Interese Cultural. “Estamos ante un atentado contra a seguridade da veciñanza, o medio natural e o noso patrimonio común”, afirmou Lojo.

Campaña concienciación

Poucos días despois, un novo incendio na zona de Moreira volveu evidenciar a insuficiencia das medidas actuais. A rápida intervención evitou danos maiores, pero desde o BNG consideran que non chega con reaccionar ante as emerxencias, senón que é preciso anticiparse con políticas estruturais de prevención e xestión sostible do monte.

Por este motivo, propoñen que o Concello de Marín poña en marcha unha
campaña municipal de concienciación e prevención de incendios forestais,
especialmente orientada aos meses de maior risco, que inclúa:
 Información clara sobre a prohibición de facer lume ou empregar
asadores en zonas forestais.

  • Recordatorios sobre a prohibición de tirar cabichas ou obxectos acesos no monte.
  • Recomendacións para o uso seguro de maquinaria agrícola ou forestal durante épocas de risco elevado.
  • Información accesible sobre as obrigas legais en materia de xestión da
  • biomasa e os apoios existentes para cumprilas.

Desde o grupo municipal do BNG reiteran o seu compromiso coa protección da vida e a seguridade da veciñanza, así como coa defensa do medio ambiente e do patrimonio cultural.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Fundadora de Diario Marín (DM)
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss