O Concello arromba os lavadoiros Pontiña, Coirados, Cadrelo, Troncosa e Don Pedro

Moitos destes espazos sufriron un deterioro progresivo, polo que resulta imprescindible levar a cabo actuacións periódicas de mantemento.
23 de marzo de 2026
1 minuto lectura
Lavadoiiro
Lavadoiiro

O Concello de Marín vén de acometer recentemente unha serie de actuacións de conservación e posta en valor en distintos lavadoiros do municipio, co obxectivo de garantir a súa preservación e mellorar o seu entorno.

En concreto, realizáronse labores de selado dos vasos, así como tarefas de recuperación e limpeza nas contornas dos seguintes lavadoiros: Pontiña, no Iglesario de San Xulián; Coirados, tamén en San Xulián; Cadrelo, en Santomé; Troncosa, igualmente en Santomé; e Don Pedro, en Mogor.

Lavadoiiro
Lavadoiiro

Patrimonio etnográfico

Estas intervencións enmárcanse na aposta do Goberno local pola protección do patrimonio etnográfico e cultural do rural marinense. Os lavadoiros constitúen elementos de grande valor histórico e social, xa que foron durante décadas puntos de encontro veciñal e espazos fundamentais na vida cotiá das parroquias.

Co paso do tempo, moitos destes espazos sufriron un deterioro progresivo, polo que resulta imprescindible levar a cabo actuacións periódicas de mantemento que permitan conservar a súa estrutura e dignificar a súa contorna.

Neste sentido, os traballos realizados contribuíron non só a mellorar o seu estado de conservación, senón tamén a recuperar a súa imaxe como elementos singulares da paisaxe rural. Dende o Concello de Marín quérese salientar a importancia de coidar e poñer en valor o rural, entendéndoo como unha parte esencial da identidade do municipio.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss