O Concello de Marín gasta 250.000 euros no equipamento do auditorio

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, firmou este martes un convenio co que mercar elementos materiais técnicos e escénicos precisos para acoller eventos no novo auditorio da vila.
21 de mayo de 2025
1 minuto lectura
Auditorio. Centro Socio Cultural de Marín. Construcción. Grúa.
El nuevo Auditorio de Marín en construcción.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, anunciou a sinatura dun acordo coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que contempla un investimento de 250.000 euros en equipamento técnico e escénico para o futuro Auditorio do municipio.

O AGADIC xestionará o Auditorio

Segundo explicou a rexedora, «Temos que equipar o noso Auditorio de tal forma que se permita despois ofrecer unha oferta escénica adecuada e que cumpra con todo o preciso para formar parte da Rede de Auditorios de Galicia, xestionada pola AGADIC, e que nos permitirá sumarnos a todo o seu catálogo escénico, que inclúe as mellores producións teatrais de Galicia”. 

O Auditorio, que contará con 550 asentos repartidos en dous andares e cun sistema que permite dividir o espazo segundo o uso, pensa a alcaldesa que «será unha peza fundamental para dinamizar a vida cultural, artística e social de Marín».

Equipamento para mellorar o auditorio

Ramallo destacou tamén que “é fundamental garantir a calidade do son, a iluminación, a visibilidade e demais elementos técnicos, xa que son claves para ofrecer ao público unha experiencia escénica completa e satisfactoria”.

O novo equipamento, según afirma alcaldesa «permitirá mellorar as condicións técnicas do auditorio de Marín, facilitando a acollida de espectáculos e eventos que requiren requisitos específicos».

Por partidas, está previsto que se destinen máis de 11.200 euros á partida de son, algo máis de 42.550 euros á de iluminación, case 169.000 euros á cámara negra e uns 11.000 euros a maiores noutros recursos técnicos. 

Deja un comentario

Don't Miss