A decisión fora adoptada polo Pleno municipal na sesión ordinaria do 12 de decembro de 2024. A proposta da alcaldesa e instrutora do expediente, María Ramallo, fíxose conforme ao regulamento de honras e distincións da corporación. No acto deste luns, entregóuselle a Leonor un pergamiño conmemorativo, elaborado artesanalmente e acompañado da medalla oficial do Concello.

A princesa chegou ao edificio consistorial pouco antes da unha do mediodía, acompañada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz. Centos de persoas concentráronse nos arredores para seguir a súa chegada, moitas das cales aproveitaron para saudala e fotografarse con ela.
Leonor firma no libro de honra do Concello
Durante o acto, leuse o acordo plenario e fixéronse referencias á súa estancia na Escola Naval Militar, institución na que a princesa completou parte da súa formación castrense no curso 2024-2025. No libro de honra do Concello, Leonor deixou unha mensaxe na que agradeceu o título e expresou o seu aprecio por Marín, localidade que, segundo escribiu, sente como unha casa que sempre a acolle.

do Concello de Marín
«Para todos los que pasamos por la Escuela Naval Militar, Marín se convierte en nuestra casa. Nos acoge a todos como vecinos y cuando nos vamos, sabemos que nos espera siempre. Para mí, este sentimiento es hoy mucho más intenso cuando me recibís en la casa de todos como hija adoptiva. Os agradezco mucho este título, que llevaré siempre con mucho orgullo».
Muy afectuosamente
Leonor
Tamén se interpretou unha peza musical titulada A nova gardamarina, composta pola Banda da Escola Naval en homenaxe á princesa. A duración total do evento foi duns quince minutos.
No plano político, asistiron os once concelleiros do Partido Popular e tres dos cinco representantes do PSdeG-PSOE, mentres que o grupo do BNG non participou no acto.

Foto: JLPortela
Entrega de despachos aos novos oficiais da Armada
A próxima cita institucional da princesa será este mércores, tamén en Marín, durante a entrega de despachos aos novos oficiais da Armada. Nese contexto, recibirá a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco, nun acto presidido polo rei Felipe VI. Está previsto que Leonor ascenda ao emprego de gardamarina de segundo, igual que o resto de compañeiros e compañeiras do seu curso.
A estadía da princesa en Marín marcou unha etapa dentro da súa formación militar, que forma parte do itinerario deseñado para preparar o seu futuro papel institucional. O Concello salientou o vínculo creado entre a herdeira e a vila durante os meses de formación naval.








Fotos: JLPortela