O Concello de Marín tramita as expropiacións na estrada de O Pazo, en Ardán

3 de julio de 2025
1 minuto lectura

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá dos novos pasos que se están a dar co proxecto de creación dunha senda peonil na estrada de O Pazo, na parroquia de Ardán, despois de que fose aprobado inicialmente e no momento no que acaban de iniciarse as notificacións das expropiacións precisas.

Trátase dunha vía estratéxica de conexión entre Xuncal e O Pazo, onde actualmente as marxes da calzada funcionan como única alternativa de tránsito peonil, carecendo de sinalización, con pavimento irregular e sen condicións axeitadas de seguridade.

O proxecto contempla a creación dunha senda segregada do tráfico rodado, o ancheamento dos carrís de circulación e unha intervención específica na contorna do Cemiterio de Ardán, mellorando a súa accesibilidade e recuperando espazo público mediante a instalación dun paso peonil sobreelevado.

Notificación

Actualmente, despois da aprobación inicial do proxecto, está en marcha o proceso de notificación aos propietarios afectados, que están recibiendo a información correspondente sobre as súas parcelas, tanto no que respecta aos metros afectados como sobre a súa valoración económica. Este período de exposición pública será dun mes.

Desde o Goberno local destacan que esta actuación “se enmarca nunha estratexia máis ampla que busca manter e mellorar os itinerarios peonís seguros nomunicipio, ao tempo que se modernizan infraestruturas clave como esta estrada, fundamental para a vertebración da parroquia de Ardán, especialmente tendo en conta o tránsito frecuente de autobuses e o seu papel como acceso ao cemiterio”.

.O orzamento de licitación supera os 856.000 euros e o proxecto conta xa coas autorizacións necesarias para a súa licitación, unha vez se avance neste período de expropiacións. O obxectivo final é conseguir financiamento para poder levar a cabo a execución desta obra que mellorará a calidade de vida e a seguridade viaria na zona.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Fundadora de Diario Marín (DM)
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss