O Concello inviste 43.000 euros nos portais de acceso e reixas do Mercado de Abastos

Os traballos fixéronse por un importe de 42.731, 97 euros, ao abeiro dunha subvención para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra.
3 de octubre de 2023
1 minuto lectura
Mercado de Marín. Una de las puertas de entrada.
Una de las puertas de entrada al Mercado de Marín.

O Concello de Marín levou a cabo recentemente unha actuación de reparación dos portais, portas de acceso e as reixas do Mercado de Abastos de Marín, coa fin de sanealos, para que queden en perfectas condicións e se poidan subsanar os desgastes típicos do paso do tempo e o uso dos elementos.

A empresa Urkira foi a encargada de executar eses traballos, que consistiron na desmontaxe dos elementos sobre os que se actuou, que foron levados ás instalacións da empresa para a súa reparación. Unha vez se desmontou todo, realizáronse uns portais e portas de accceso provisionais con tablero aglomerado.

As reparacións consistiron en reemprazar todos aqueles elementos que se atopaban cun nivel de corrosión elevado polo óxido, así como reparar aqueles que estaban torcidos. Unha vez rematada esta parte, procedeuse a lacar todas as estruturas cunha técnica que pretende evitar que a pintura se escascarille ao recibir golpes ou co paso do tempo, debido ás inclemencias meteorolóxicas.

Estes traballos fixéronse por un importe de 42.731, 97 euros, ao abeiro dunha subvención para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

1 Comment Deja una respuesta

Deja un comentario

Don't Miss