O Concello recibe unha subvención da Xunta de 48.000euros para a remodelación do Parque Azul

A axuda realizarase en dúas anualidades, 21.254,24 euros en 2023 e 17.451,67 euros en 2024.
28 de octubre de 2023
1 minuto lectura
parque azul

A remodelación do skate park do Parque Azul xa conta con financiación. A Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de conceder ao Concello de Marín unha subvención por valor de 48.382 euros para acometer este proxecto, esencial para revitalizar a cultura urbana da nosa cidade.

A axuda realizarase en dúas anualidades, 21.254,24 euros en 2023 e 17.451,67 euros en 2024. “Esta infraestrutura é moi utilizada pola mocidade de Marín e está nun enclave moi característico, como é o noso Parque Azul, que conta tamén con canchas de baloncesto, espazo para pasear, xogar, un parque infantil e un achegamento innegable ao mar”, declarou a alcaldesa, María Ramallo.

Os traballos consistirán na reparación de todos os módulos de formigón e das bancadas e substituirase a reixa de recollida de pluviais. Tamén se limparán os muros e o peche perimetral do parque. Volverase pavimentar todo a lousa do chan e cambiarase a varanda metálica.

En canto aos módulos de aceiro que hai sobre as actuais escaleiras, serán retirados para realizar dous novos en formigón. A maiores, colocarase nova iluminación en todo o paso subterráneo de acceso ao parque.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss