O Concello renova 341 puntos de luz LED por todo o cascourbano e o Estadio de San Pedro

Invertíronse cerca de 196.000 euros, ao abeiro dunha subvención do IDAE, procedente dos fondos FEDER, e coa aportación do 10% da Deputación de Pontevedra e o restante 10% das arcas municipais.
19 de septiembre de 2023
1 minuto lectura
marín calles

As melloras tecnolóxicas, a concienciación social e o incremento do prezo da enerxía motivou que nos últimos anos se centren esforzos na renovación do alumeado público de titularidade municipal, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, utilizando tecnoloxías máis modernas que axuden ao medio ambiente e ao aforro de cartos públicos.

Nese sentido, Marín vén de executar un ambicioso proxecto de renovación de luminarias, cambiando 341 puntos de luz do casco urbano e no Estadio Municipal de San Pedro por tecnoloxía LED, instalando unha potencia total de 50.870 W.

Subvención do IDAE, Feder e 10% Concello

Para levalo a cabo, foi preciso realizar unha inversión de 195.775,18 euros, que procede dun convenio coa Deputación para a xestión dunha subvención do IDAE, quedando o reparto económico da seguinte forma: 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE); 10% da Deputación Provincial e 10% das arcas municipais.

Con este proxecto, conseguiuse reducir a potencia instalada e o consumo asociado, mellorando a calidade da iluminación e mellorando a eficiencia das instalacións, sen ter que incrementar o número de puntos de luz á vez que se cumple cos niveis esixidos de luminancia.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss